Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Llega700 pon a dispor un teléfono gratuíto de atención ás posibles afeccións xeradas pola prestación de servizos móbiles na banda de 700 Mhz

10/03/2022

As afectacións na TDT deben comunicarse ao 900 833 999. Un técnico cualificado desprazarase até o lugar onde se detectou a afección e realizará os labores de acondicionamento preciso sen coste algún para o usuario.  

O servizo móbil de nova xeración sobre a  a banda de frecuencia de 700 MHz estará proximamente dispoñible en Tui.  Esta tecnoloxía préstase sobre a frecuencia de 700 MHz e permitirá unha mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible. Mellorará a velocidade da conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así coma a novos servizos que verán a luz en próximos anos.

A prestación dos servizos móbiles nesta banda de 700 Mhz, que era a que anteriormente empregaba a Televisión Dixital Terrestre, TDT, pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal da TDT.

Llega700  resolverá as afectacións que poida producirse a calquera usuario de TDT.  Aqueles usuarios que rexistren algunha afectación poden dirixirse ao teléfono de atención gratuíto 900 833 999. Un técnico cualificado desprazarase até o lugar onde se detectou a afección e realizará os labores de acondicionamento preciso sen coste algún para o usuario.