Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Listado de admitidos para unha plaza de auxiliar administrativo a tempo parcial para a Oficina Técnica de Rehabilitación

2/03/2009

RESOLUCIÓN DA ALCALDIA

 

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun auxiliar administrativo de urbanismo, para a súa adscripción á oficina técnica de rehabilitación do conxunto histórico do Concello de Tui, convocado mediante resolución de alcaldía de data 2 de febreiro de 2009, e publicada no Atlántico Diario de data 4 de febreiro de 2009, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Aprobar provisionalmente a lista de admitidos e excluidos do proceso selectivo de auxiliar administrativo para oficina técnica de rehabilitación, dacordo coa seguinte relación:

 

ADMITIDOS.

-Barros Márquez, José Ricardo.

-Carballido Castro, Rosa.

-Estévez Cividanes, Hugo.

-Freire Vaqueiro, Rosa.

-Ledo Suárez, Isabel.

-López Fernández, Mª Minerva.

         -Montero Sousa, Manuel Ángel.

-Núñez Domínguez, Verónica.

-Ozores Vilar, Mara.

-Soutiño Alonso, Bibiana.

EXCLUIDOS:  (por non ter aboado os dereitos de exame).

-González Loureiro, Lucía.

-Rodríguez Seoane, Mª Dolores.  

 

SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

 

               -Presidenta: *Dna. Irene Suárez López.

               -Vocais:*Dna. Mª de los Ángeles Domínguez Ramos.

                            *D. Aitor Iglesias Monzón.

                            *D. Rafael Sánchez Bargiela.

               -Secretario: D. José Ángel Fernández Rodríguez.

 

TERCEIRO.- Expoñer ao público o listado provisional de admitidos e excluidos, así como o tribunal cualificador, no taboleiro de anuncios do Concello durante un prazo de cinco días naturais, aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas.

 

Mándao e o asina o Sr. Alcalde, ante min a Secretaria, en Tui, a vintesete de febreiro de dous mil nove.

 

O ALCALDE                                                                       A SECRETARIA