Listado de admitidos e excluidos no proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de piano, harmonía e analise para o Concello de Tui
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
“Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun PROFESOR DE PIANO, HARMONÍA E ANALISE para o Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 25 de outubro de 2010, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar provisionalmente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS.
-Cristobal Calvo, Beatriz.
EXCLUIDOS :
-Mariño Álvarez, Xabier (non presenta a titulación esixida na convocatoria).
SEGUNDO.- Expoñer ao público o listado provisional de admitidos e excluidos, no taboleiro de anuncios do Concello durante un prazo de tres días hábiles, aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a catro de novembro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE