Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lista e data de exame para a contratación laboral temporal dun monitor para impartir o módulo de formación para igualdade dentro do curso de “aplicacións informáticas de xestión”

15/10/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun MONITOR PARA IMPARTIR O MÓDULO DE FORMACIÓN PARA IGUALDADE DENTRO DO CURSO DE “APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN” para o Concello de Tui convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 26 de maio de 2010, e publicada no Faro de Vigo  de data 27 de maio de 2010.

PRIMEIRO.- Aprobar a lista de admitidos e excluidos no proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:

ADMITIDOS:

          -MÁRQUEZ FERNÁNDEZ, INÉS.

          -OTERO RODRÍGUEZ, MARÍA ELENA.

EXCLUIDOS:

        -NINGÚN.                                  

SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

               -Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
               -Vocais: *Dna. Miriam Buján Garrido.
                             *D. Aitor Iglesias Monzón.
                             *D. José Ángel Fernández Rodríguez.
               -Secretario: *Dna. Irene Suárez López.

TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro día 18 de outubro de 2010 ás 13:00 horas, nas dependencias da Casa Consistorial para  a realización do proceso de selección.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a quince de outubro de dous mil dez.

      Visto e Prace
       O ALCALDE