Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lista de admtidos e designación do tribunal para Profesor de Oboe

21/10/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictouse a seguinte:

 

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun PROFESOR DE OBOE para o Conservatorio Profesional/Escola de Música do Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 6 de outubro de 2011, e publicada no Faro de Vigo de data 8 de outubro de 2011, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Aprobar a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:

 

ADMITIDOS:

-Alves Balado, Raquel.

-Fortes Conde, Diego.

-González Ojea, María José.

 

EXCLUIDOS:  

- Ningún.

 

SEGUNDO.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

               -Presidente: *D. Aitor Iglesias Monzón.

               -Vocais: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.

                             *D. Rafael Sánchez Bargiela.

                             *D. José María Melero González.  

               -Secretario: *Dna. Irene Suárez López.

               -Asesor: * D. Esteban Alonso Ubiña.

                                      

TERCEIRO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o vindeiro martes día 25 de outubro de 2011, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vinteún de outubro de dous mil once.

 

Visto e Prace

O ALCALDE