Lista de admitidos/excluidos no proceso de selección de monitor de informática
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun MONITOR PARA IMPARTIR O CURSO DE "APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN" para o Concello de Tui convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 26 de maio de 2010, e publicada no Faro de Vigo de data 27 de maio de 2010, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos e excluidos no proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS:
-Ningún.
 
| 
 
 EXCLUIDOS:  | 
 
  | 
 
  | 
-D. Nilo Pallares Martínez.
Causas de exclusión:
-Non acredita o disposto na base 5ª.A).5. da convocatoria.
SEGUNDO.- Expoñer ao público o listado provisional de admitidos e excluidos, no taboleiro de anuncios do Concello durante un prazo de tres días hábiles, aos efectos de que os interesados presenten as reclamacións ou correccións que estimen oportunas.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a oito de xuño de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE
 



