Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración da exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia” e presentación do libro homónimo.

2/08/2011

Organiza: Asociación de Balnearios de Galicia

 

Asisten:

-Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui

-Luís Alonso Álvarez, comisario da exposición                                     

-Ana Rodríguez Ruíz, directora do Balneario de Caldelas de Tui             

- Víctor Fernández Freixanes, director de editorial Galaxia

- Benigno Amor Barreiro, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia

 

Data: MAÑÁ MÉRCORES, 3 de agosto

 

Lugar: Edificio Área Panorámica de Tui (sala de exposicións), Rúa Colón, 2

 

Hora: 20:30 horas

 ______________________________________________________________

 

A exposición sobre a historia dos balnearios galegos que está a percorrer toda Galicia recala mañá en Tui

O Edificio Área Panorámica de Tui acolle mañá mércores, ás 20:30 horas, a inauguración da exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”. Esta mostra itinerante, que permanecerá na localidade tudense ata o vindeiro 18 de setembro, está a percorrer as principais cidades galegas para dar a coñecer a evolución dos establecementos termais en Galicia ao longo do tempo. Ata o momento xa pasou pola illa da Toxa, Santiago de Compostela e Ourense.

 

Á inauguración asistirán o alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez; o comisario da exposición e director do equipo de investigación que realizou o libro homónimo, Luís Alonso; a directora do Balneario de Caldelas de Tui, Ana Rodríguez; e o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor.

 

A exposición está impulsada pola Asociación de Balnearios de Galicia. Conta co patrocinio da Xunta de Galicia e coa colaboración da AEITEGAL -Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia-, a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a Universidade de Santiago, o Concello de Tui e o Balneario de Caldelas de Tui.

 

Presentarase tamén o libro homónimo, que percorre a historia dos balnearios galegos dende 1700 ata 1936

Durante o acto presentarase tamén o libro homónimo da exposición: “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”. Ambas iniciativas son froito dun convenio asinado en 2007 entre a Asociación de Balnearios de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia. En virtude deste acordo, o equipo de investigadores dirixido polo profesor Luís Alonso Álvarez, catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade da Coruña, realizou unha investigación sobre a historia dos balnearios galegos, entre os anos 1700 e 1936. O estudo, de máis de 1.000 páxinas, adaptouno para a súa publicación a editorial Galaxia.