Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe concerto de gaita e piano no Conservatorio de Música

22/02/2011

CONCERTO DE GAITA E PIANO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE GRAO MEDIO DE TUI.  

O martes 22 de febreiro as 21.00 hs terá lugar na sala de audicións do Conservatorio Profesional de Grao Medio un concerto de Gaita e Piano a cargo de José Manuel Caballero, que foi tamén alumno, e actuais alumnos do centro, que interpretarán un variado repertorio de estes dous instrumentos. Lembrar que Jose Manuel Caballero dirixe varias bandas de gaitas, tanto en Galicia coma en Portugal, entre elas a Banda de Gaitas Tudense San Xoan de Paramos.

 

A Concelleira de Educación, Patricia Ricón, quere lembrar que todos estas  concertos e audicións forman parte das actividades do Centro e dunha necesidade de apertura a sociedade tudense, e que polo tanto a entrada e libre e gratuita ata completar aforo