Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe comeza a II Semana do Teatro Afeccionado no Teatro Municipal ás 21,00 h.

5/04/2010

As representacións serán de luns a venres ás 21h no Teatro Municipal

Hoxe comeza a II Semana do Teatro Afeccionado

 

Luns, 5 de abril de 2010. O Teatro Municipal de Tui acolle dende hoxe luns 5 ata venres 9 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo a II Semana do Teatro Afeccionado organizada pola Concellería de Cultura de Tui.  A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado contou con gran éxito de público e foi valorada positivamente polas asociacións de tal xeito que o Departamento de Cultura organizou esta segunda edición.

 

Hoxe luns iníciase a actividade co grupo de teatro da Asociación Cultural "San Fins" de Rebordáns que porá en escena "O cego de Fornelos". Mañá martes día 6 será a quenda do grupo "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas con "Por borrachíns". O mércores a cita será co grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui que presenta "A Herdanza". O xoves "Mesturanzas" da Asociación Cultural "Seixos Albos" de Areas porá en escena "As fillas do taberneiro". E por último venres actuará o grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra "Son nú" que inclúe e a actuación do grupo Xerock.

 

Todas as representación comezarán ás nove da noite. A entrada, sen numerar, ten un custe dun euro, e debe retirarse dende ás 19.30h no despacho de billetes.

 

II Semana do Teatro Afeccionado de Tui

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Programación:

  • Luns 5 ás 21h
    • Grupo de teatro da Asociación Cultural "San Fins" de Rebordáns con  "O cego de Fornelos"
  • Martes 6 ás 21h
    • Grupo "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas con "Por borrachíns".
  • Mércores 7 ás 21h
    • O grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui con "A Herdanza".
  • Xoves 8 ás 21h
    • O grupo "Mesturanzas" da Asociación Cultural "Seixos Albos" de Areas con "As fillas do taberneiro".
  • Venres 9 ás 21h
    • O grupo de teatro do Centro San Xerome coa obra "Son nú" que inclúe e a actuación do grupo Xerock.

 

Entradas: 1€ - á venda dende ás 19.30h