Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres preséntase o Calendario Solidario da asociación do síndrome de delección 1p36

14/12/2016

Este venres, 16 de decembro, ás 12.30h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do calendario solidario “Sonrisas que contagian” da Asociación do Síndrome de Delección 1p36.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, Eva Martínez, nai de Marta nena tudense afectada por esta enfermidade rara, Aurora Güeto, nai de Noa, nena de Boiro afectada tamén por este síndrome, e Diego Piña do Kaiak Tudense, club  colaborador neste calendario xunto a Ramón García, Carlos Lozano, Ángel Nieto...