Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta tarde inaugúrase a exposición pictórica de Encarnación de Béjar na Sala Municipal

16/12/2016

Hoxe venres, 16 de decembro, ás 18.30h inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica unha exposición pictórica da tudense Encarnación de Béjar que amosa a súa obra por vez primeira na súa cidade. A colección que presenta basease no mundo da danza clásica, destacando polo seu estado figurativo a través de colores básicos. Destaca a expresión corporal no seu estado erótico máis puro y a polaridade nas personaxes para espertar no espectador a provocación coa cor e as formas. O acto inaugural contará coa presenza da concelleira de Cultura, María José González.

A mostra poderá visitarse ata o 31 deste mes de 9 a 14h e de 16 a 20h.