Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En breve comezará o funcionamento da zona azul no casco urbano de Tui

21/09/2007

En breve entrará en funcionamento a Zona Azul no casco urbano

Aplicarase as rúas Foxo, Rosa Bahamonde e Paseo da Calvo Sotelo cun tempo máximo de 1,30h

Venres 21 de setembro de 2007 A Concellería de Tráfico e a de Comercio do Concello de Tui informan que esta semana comezou o pintado e sinalizado da zona azul, que en breve entrará en funcionamento nas rúas Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía de Rosa Bahamonde, e Paseo de Calvo Sotelo.  O aparcamento na zona azul estará regulado de 9 a 13h e de 16 a 20h non podendo exceder os vehículos estacionados o máximo de 1,30h horas.  Cada condutor á hora de aparcar deberá colocar en lugar visible un disco de estacionamento coa hora de chegada. Estes dispositivos poderán recollerse e xeito gratuíto nas oficinas da Policía Local de Tui na Praza da Inmaculada, e os propios axentes da policía local serán o responsables de controlar que os vehículos non exceden o tempo máximo permitido.  Coa implantación da zona azul nestas rúas céntricas búscase dar unha maior mobilidade ao aparcamento e así facilitar que os que veñen a Tui a realizar xestións ou compras teñan máis doado atopar estacionamento. Con esta actuación tentase solucionar parte do problema de aparcamento que na actualidade padece o centro urbano.