Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Designación do Tribunal para contratación laboral temporal dun Oficial para a depuradora municipal

8/06/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

 CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

 

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

En relación co  proceso selectivo para a contratación laboral temporal DUN OFICIAL PARA A DEPURADORA MUNICIPAL do Concello de Tui, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

   .- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

 

               -Presidente: *D. Ignacio Álvarez Martínez.

               -Vocais: *Dna. Ceferina Saa Rodríguez.

                             *D. José María Melero González.

                             *D. Jesús Fernández Dios. 

               -Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.

 

   .- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.

 

   .- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para o día 10 de xuño de 2011, ás 09:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui,  a oito de xuño de dous mil once.

 

Visto e Prace

O ALCALDE