Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Designación do Tribunal e data do exame para contratación laboral temporal de 3 profesores de piano

7/09/2011

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA:

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de TRES PROFESORES DE PIANO para o Conservatorio Profesional/Escola de Música do Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 9 de agosto de 2011, e publicada no Faro de Vigo de data 10 de agosto de 2011,

Finalizado asímesmo, o prazo concedido para a presentación de reclamacións a listaxe provisional de admitidos, sen que se tivesen presentado alegacións á mesma, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:

 

ADMITIDOS:

 

-González Andino, Beatriz.

-Carrero Díaz, Ignacio.

-González González, Laura.

-López López, Rubén.

-Cristobal Calvo, Beatriz.

 

EXCLUIDOS:  

 

-Varela Pardo, Alberto (non achega copia cotexada DNI; non achega xustificante pagamento en prazo das taxas por dereitos de exame).

 

SEGUNDO.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

 

               -Presidente: *D. Aitor Iglesias Monzón.

               -Vocais: *D. Francisco Javier Antoñón Clemente.

                             *D. Rafael Sánchez Bargiela.

                             *D. José María Melero González.  

               -Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.

               -Asesores: * D. Karolis Biveinis.

                                *D. Jesús González Rodríguez.  

 

TERCEIRO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para venres o día 9 de setembro de 2011, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

 

 E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a sete de setembro de dous mil once.

 

Visto e Prace

O ALCALDE