Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Data e lugar da proba no proceso de selección dun operario de servizos diversos

7/01/2011

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

 

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

En relación co  proceso selectivo para a contratación laboral temporal DUN OPERARIO DE SERVIZOS DIVERSOS para o Servizo de Augas do Concello de Tui, RESOLVO:

 

   1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

 

               -Presidente: *D. Ignacio Álvarez Martínez.

               -Vocais: *Dna. Ana María Perez Freiría.

                             *D. Germán Souto Presa.

                             *D. Jesús Fernández Dios.   

               -Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.

 

   2º.- Declarar admitidos a  tódolos aspirantes presentados.

 

   3º.- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para o día 10 de xaneiro de 2011, ás 09:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

 

 

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui,  a sete de xaneiro de dous mil once.

 

 

Visto e Prace

O ALCALDE