Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Data de exame, tribunal e lista de admitidos no procedemento selectivo, mediante concurso-oposición, para a provisión con carácter interino dunha plaza de Animador Deportivo

28/10/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no procedemento selectivo, mediante concurso-oposición, para a provisión con carácter interino dunha plaza de Animador Deportivo, correspondente á convocatoria aprobada mediante Resolución da Alcaldia de data 10 de setembro de 2010.

Publicada mediante inserción de anuncio no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do mesmo, a lista provisional de admitidos e excluídos, aprobada en virtude de Resolución de Alcaldía de data 8 de outubro de 2010, e concedendo un prazo de tres días hábiles aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Resultando que, durante o citado período, se presentou reclamación por Dna. Natalia Gantes Mella, que figuraba na lista de excluídos provisional.

Solicitado informe á Tesourería municipal aos efectos de resolución da alegación presentada, que foi emitido con data 20 de outubro de 2010 , esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Desestimar a alegación presentada por Dna. Natalia Gantes Mella, en base ó informe emitido pola Tesoureira municipal con data 20 de outubro de 2010.

SEGUNDO.- Aprobar de forma definitiva a lista de admitidos e excluídos para participar no proceso selectivo convocado para a provisión con carácter interino dunha plaza de Animador Deportivo, dacordo coa seguinte relación:

ADMITIDOS:

-Aldea Armesto, Ángel.
-Calvo Ferrer, Ruth María.
-Diz Gregores, Leticia.
-Fernández López, Diego.
-Lorenzo Martínez, Lara.
-Mondelo Garcés, Alberto.
-Moral Soto, Carmen.
-Moroño Montes, Jacobo.

EXCLUÍDOS:

-Brocos Iglesias, María Consuelo (non presenta a titulación esixida na convocatoria).
-Gantes Mella, Natalia (non presenta documento acreditativo do abono da taxa por dereitos de exame durante prazo de presentación de solicitudes).

 

TERCEIRO.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

               -Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela (titular).
                                 Dna. Ángeles Domínguez Ramos (suplente).         
               -Vocais:
                                Dna. Ceferina Saa Rodríguez (titular).
                             Dna. Amalia González Solla (suplente).
                             D. José Ángel Fernández Rodríguez (titular).
                             D. Aitor Iglesias Monzón (suplente).    

               -Secretario: Dna. Irene Suárez López (titular).
                                 Dna. Myriam Buján Garrido (suplente).

               -Asesor : D. Julio Bernárdez Álvarez.  

CUARTO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o día 2 de novembro de 2010, ás 10:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vinteoito de outubro de dous mil dez.

Visto e Prace
O ALCALDE