Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Curso de iniciación a música para pensionistas e xubilados

27/03/2012

O Concello de Tui en colaboración coa Escola de Música Municipal, o Conservatorio Profesional de Música e a Concellería de Servizos Sociais organizan un curso de “Iniciación á Música” dirixido a pensionistas e xubilados interesados en iniciarse no mundo da música, tanto a nivel teórico coma a nivel instrumental.

 

O curso está impartido por Algirdas Petras Pocius, músico, director de orquestras de corda e mestre de Violín/Viola na Escola de Música e no Conservatorio de Tui. O horario do curso será os martes de 10:00 h. a 13:00 h. (o primeiro día concretaranse horarios).

O curso é gratuíto.

 

O curso estará dividido en dúas partes.

 

a)     Parte Teórica:

-          Coñecer as diferentes calidades do son.

-          Coñecemento e comprensión das Notas, Figuras e Silencios, así coma a súa aplicación na música.

-          Coñecementos básicos para lectura de partituras simples: pentagrama, clave de sol, liñas adicionais,…

-          Rítmica: estructuras rítmicas, lectura rítmica, imitación, xogos rítmicos.

 

b)     Parte Práctica:

-             Recoñecemento de ritmos e sons.

-             Expresión vocal. Respiración, entoación,…

-             Movementos rítmicos co corpo, introducción a Bailes do Mundo.

-             Iniciación da práctica musical. Paso da teoría a práctica con instrumentos de Percusión Orff e con Frautas Doces.

 

As persoas interesadas poden recoller o boletín de inscrición que debe ser entregado antes do 20 de abril en:

  • A Concellería de Servizos Sociais de Tui (Praza do Concello 1, Tui) de 9 a 14 h.
  • O Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui (Avda. Concordia s/n, Tui) de 16 a 20 h.

 

Para máis información:

  • Teléfono do Concello: 986603625 ext 54
  • Conservatorio/Escola de Música: 986604404