Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este mércores o derradeiro pleno do ano 2016

26/12/2016

A corporación municipal de Tui celebra este mércores, ás 20h, o derradeiro pleno do ano 2016. Trátase dunha sesión extraordinaria coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, de borradores de actas de sesións anteriores, pleno ordinario nº 12/2016, de 24 de novembro, e pleno extraordinario nº 13/2016, de 7 de decembro.

2º.- Suspensión do pleno ordinario de decembro, por convocatoria de pleno extraordinario para o mércores, día 28 de decembro, en substitución do ordinario co gallo das festas do Nadal

3º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de Contratación, por tramitación anticipada e por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, do servizo de limpeza viaria do Concello de Tui.

4º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación E Servizos Municipais de aprobación inicial de Ordenanza Municipal de Protección Contra a Contaminación Acústica no Concello de Tui.

5º.- Control ós órganos de goberno:

5.1. Disposicións de interese.

5.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

5.3. Mocións.

5.4. Rogos e preguntas.