Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

CONVOCATORIA PROFESOR OBOE PARA CONSERVATORIO-ESCUELA MUSICA. REMATA PRAZO 13-11.2008- ATLANTICO DIARIO 8-11-2008

10/11/2008

RESOLUCIÓN DA ALCALDIA En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local, RESOLVO: Aproba-los seguintes criterios para a contratación temporal de persoal para impartir clases de Enseñanzas Musicais no Conservatorio Profesional e/ou na Escola de Música de Tui:    1º.- O obxecto das presentes bases é proceder á unha nova convocatoria de selección de persoal para a  contratación laboral, temporal e a tempo parcial, ó abeiro da normativa reguladora dos contratos de traballo de duración determinada, -servicio determinado (curso escolar 2008-2009)-, para impartir clases, no Conservatorio e/ou Escola de Música de Tui dun Profesor/a con Título Medio ou Superior de Oboe (6 horas semanais). O contrato terá como data de finalización a do curso escolar 2008/2009.    2º.- As retribucións serán as que figuran consignadas no Orzamento Municipal.    3º.- O procedemento de selección será o seguinte:Unha vez aprobadas as presentes bases, a convocatoria publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello e nun Diario de difusión de ámbito provincial, podendo presenta-los interesados as súas solicitudes durante 5 días naturais, dende ó día seguinte ó da publicación do anuncio, no Rexistro de Entrada do Concello de Tui en horario de 9 a 14, horas os días hábiles agás o sábado que será de 9 a 13 horas. Poderánse tamén presentar de conformidade co disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, e de presentarse noutros rexistros, deberá enviarse copia da solicitude por fax ao número 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación.   Nas instancias se solicitará presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facéndose constar que se reúnen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos: 1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.5.- Estar en posesión da titulación exisida para as praza convocada ( titulación media ou superior de oboe).6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias e ata o día seguinte ao remate do mesmo, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.    Coa solicitude deberá aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, debidamente compulsados, puntuando tan só os que máis abaixo se indican.Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde dictará resolución declarando aprobada a lista de admitidos e excluidos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos do Concello, concedéndolles, se é o caso, un prazo para presentación de reclamacións, ou enmendas de defectos. Posteriormente, o Alcalde declarára aprobada a lista definitiva de admitidos e excluidos, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello. Na mesma  resolución o Alcalde determinará o lugar, data e hora do proceso de selección, así como a composición do tribunal cualificador que estará composto de conformidade co art. 60 da Lei 7/2007, de 12 d e abril do Estatuto Básico do Empregado Publico. Poderánse designar asesores con voz e sen voto para aistir ao tribunal no desenvolvemento do proceso de selección.  De non existir aspirantes excluidos, o Alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.  O Tribunal procederá  a avaliar, en primeiro lugar, os méritos aportados polos aspirantes, conforme ó seguinte baremo:*Experiencia docente: 0,10 puntos por mes completo ata un máximo de 1,50 puntos. Tan só puntuará as clases realizadas en Conservatorios Profesionais, sendo necesario acreditar tal circunstancia cunha copia do correspondente contrato e vida laboral. As fraccións inferiores ó mes non se computarán.           *Títulos oficiais superiores relacionados coa materia do contrato, 0,50 puntos por título, ata un máximo de 1 punto.*Coñecemento de galego: Coñecemento de lingua galega, ata un máximo de 0,50 puntos, de conformidade co seguinte baremo:-Certificado de CELGA 1 ...................................................................... 0,10 puntos.-Certificado de CELGA 2 ................................................................. ..... 0,20 puntos.-Certificado de CELGA 3 ou iniciación ............................................ ..... 0,30 puntos.-Certificado de CELGA 4 ou perfeccionamento ................................ ......0,40 puntos.-Certificado de CELGA 5 ou cursos de especialización de galego .... ..... 0,50 puntos.Unicamente valorarase o curso de maior puntuación acreditado.*Cursos relacionados coas materias do contrato (só puntuarán os cursos de mais de 19 horas acreditadas), ata un máximo de 1 punto.                  -Cursos de 20 a 50 horas, 0,10 puntos por curso.                  -Cursos de 51 a 100 horas, 0,20 puntos por curso.                  -Cursos de 101 a 200 horas, 0,40 puntos por curso.                  -Cursos de mais de 201 horas, 0,50 puntos por curso.Con carácter xeral especificase que só se valorarán os cursos e méritos relacionados con instrumentos ou materias que sexan as propias ás que se aspira a dar clases impartidos polas administracións públicas, sindicatos, universidades, conservatorios, Servizo Público de Emprego ou colexio profesional e relacionados coas funcións a desenvolver, a xuízo do Tribunal. Non serán valorables as xornadas, seminarios, encontros, conferencias, premios, concursos… e demais actos que non teñan un carácter especificamente docente. Os cursos nos que non apareza recollido o número de horas, non serán valorados. A continuación se realizará unha proba escrita relacionada ca ensinanza musical específica do instrumento de  oboe. Esta proba, será de realización obrigatoria. Puntuará de 0 a 6 puntos, sendo eliminados todos aqueles que non superen nesta proba 3 puntos. Valorados os méritos e rematada a proba escrita o Tribunal aprobará a relación de aspirantes de orde de maior a menor puntuación total dos méritos e da proba escrita, propoñendo o Sr. Alcalde para a súa contratación ás persoas que encabecen as relacións do proceso selectivo na materia correspondente.Unha vez publicadas no Taboleiro de Edictos do Concello as relacións citadas a Alcaldía, se proceden, dirixirase ós aspirantes propostos a efectos de que en tres días presenten a documentación acreditativa dos requisitos sinalados nesta Base para acceder a cada posto de traballo, perdendo os seus dereitos se así non o fixesen. Nos casos de que o aspirante escollido non aportase a documentación aludida ou de que durante o período de contratación ou de calquera das súas probas a praza quedase vacante ou fose necesario cubri-la temporalmente por baixa de calquera tipo, o Sr. Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiada, ó aspirante que seguira en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aporta-la documentación no prazo de tres días hábiles a partires da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderase con referencia á data que remate o prazo de presentación da documentación.Os aspirantes que superaran a proba e non obteñan a praza, pasarán a formar parte dunha lista de reserva que se confeccionará, seguindo a mesma orde de puntuación obtidas polos aspirantes no proceso selectivo, para cubrir as necesidades de emprego de carácter temporal que poidan xurdir a lo longo do curso escolar 2008/2009 na  especialidade de oboe.    En caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a mesma, o Sr. Alcalde queda autorizado a convoca-lo novamente cantas veces fose necesario.     4º.- En todo o non previsto nestas Bases os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora de contratos temporais de duración determinada".      Mándao e o asínao o Sr. Alcalde, ante mín, a Secretaria,  en Tui a sete de novembro de dous mil oito.  O ALCALDE                                                    A SECRETARIA