Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases do proceso de selección de dous oficiais de segunda para mantemento de equipamentos municipais

23/02/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ SECRETARIA DO  EXCMO. CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

 

 

“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS OFICIAIS DE SEGUNDA PARA A OBRA OU SERVIZO “MANTEMENTO DE EQUIPAMENTOS MUNICIPAIS” DENTRO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL DO CONCELLO DE TUI.

En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime local:

RESOLVO: Aprobalos  seguintes criterios para a contratación laboral temporal de tres oficiais de segunda, para o Concello de Tui.

 

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA:

O obxecto das presentes bases é proceder á selección de dous oficiais de segunda para a súa contratación laboral temporal polo Concello de Tui, para o desempeño do posto de Oficial de Segunda, dentro do denominado Plan de Emprego Municipal. A persoa contratada deberá presta-los seus servicios, a tempo completo durante 37,5 horas semanais, en horario a determinar según as necesidades do servizo, prestando o servizo en réxime de flexibilidade horaria, como consecuencia da adaptación as especiais características do departamento a que se adscriba así como as esixencias que veñan impostas pola propia natureza das funcións a desenvolver.

A retribución bruta total mensual será de 1.251,57 euros incluindo salario e prorrateo de pagas extra.

O contrato de traballo sera temporal de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado e terá como data máxima de cinco meses, dende o inicio do contrato.

 

2.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: Certificado de Escolaridade ou equivalente.

6.- Posuir o carné de conducir clase B.

7.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

3. PROCESO DE SELECCIÓN :

O proceso de selección será o de oposición e consistirá na realización das seguintes probas, que se realizarán na mesma sesión:

3.1-Primeiro exercicio (obrigatorio e eliminatorio): En primeiro lugar o Tribunal procederá a realizar unha proba escrita ou oral de carácter obrigatorio e eliminatorio sobre o traballo a desenvolver e relacionado co contido do temario consignado no Anexo I desta convocatoria, puntuándose de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

3.2- Segundo exercicio (obrigatorio e eliminatorio): En segundo lugar realizarase unha proba de carácter práctico, relacionada co traballo a desenvolver, consistente en amosar a destreza na conducción do vehículo ou vehículos que se determinen (dentro dos permitidos polo permiso de circulación esixido na base segunda) e realizalas manobras co vehículo que determine o tribunal. Este exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 5 puntos.

3.3-Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).- Este terceiro exercicio, consistirá na traducción dun texto de castelán a galego ou de galego a castelán, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos. Aos efectos de quedar exentos da realización desta proba os aspirantes achegarán xunto coa instancia, copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua galega aos cales se lles asignará nesta proba 3 puntos.

 

4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos. Xunto á instancia achegáranse os seguintes documentos:

 

    *-Fotocopia do DNI.

 *Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

 *Copia cotexada do permiso de conducción esixido.

 *Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua    galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.        

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

 5. SELECCIÓN DOS CANDIDATOS

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto 3º destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

 

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

6.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.

O Tribunal queda autorizado para resolver las dúbidas que se presenten e adoptalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

 

7.- RECURSOS.-

Os/as interesados/as poderán impugnala presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma nos casos e na forma establecidos na Leí de réxime xurídico das Administraciáns Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

ANEXO I

Tema 1.- O Municipio.Concepto. Elementos. A organización municipal. Competencias Municipais.

Tema 2.- Dereitos e deberes dos empregados públicos.

Tema 3.-Nocións xerais sobre limpeza, mantemento e conservación de camiños e vías públicas. Nocións xerais sobre conservación e reparación básica de edificios.

Tema 4.- Coñecemento do termo municipal: toponimia e rueiro do Concello de Tui. Lugares de interese. Principais edificios públicos.

Tema 5. Conceptos xerais das tarefas de  albañilería, carpintería, electriciedade e fontanería.

Tema 6. Saude laboral. Riscos específicos vinculados ao posto de Oficial. Medidas de prevención de riscos laborasi. Equipos de Protección individual.

Tema 7. Ferramentas e maquinaria mais utilizadas polas brigadas de obras, albanelaría, carpintería, electricidade e fontaneria. Características e aplicacións.

Tema 8. Conservación e mantemento de parques e xardíns: ferramentas utilizadas, podas e fertilización.

Tema 9. Os materiais de construcción. Clases e aplicacións.

Tema 10. Normas elementais de apiamento e almacenaxe dos diversos mateiais utilizados.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vinteun de febreiro de dous mil once.

 

Visto e Prace

O ALCALDE