Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria e bases de dúas bolsas para a Oficina Municipal de Información Turística

25/03/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictouse a seguinte:

 

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

 Concedida ao Concello de Tui unha subvención para Bolsas de Colaboración para as Oficinas de Turismo no Concello de Tui, para o ano 2010, polo Organismo Autónomo Local "Turismo Rías Baixas" mediante Acordo de data 17 de marzo de 2010, de conformidade cos bases de convocatoria publicadas no BOP  nº 28 de data 11.02.2010,  

       En uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuidas pola normativa vixente, RESOLVO:

Aproba-la convocatoria e bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de colaboración para a Oficina de Información Turística do Concello de Tui. En virtude do anterior apróbanse as seguintes bases que terán que someterse as persoas interesadas para poder optar á bolsa correspondentes deste Concello.

              1ª.- O obxecto da convocatoria é a concesión de DÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA REALIZAR TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE TUI, durante un período de 8 meses, para realizar as labores propias dunha Oficina de Promoción Turística no Concello de Tui.

 

               2ª.- O/a adxudicatario/a da mesma, serán destinados a Concellería de turismo do Concello de Tui e as súas prácticas desenrolaranse en horario a determinar por este Concello, segundo as necesidades do devandito servizo, consistirá en proporcionar ós turistas e viaxeiros que o soliciten información turística no referente a aloxamento, trans­porte, gastronomía, e demais materias propias dunha Oficina de Información Turística. O período de realización das bolsas poderá ser discontínuo, dependendo das necesidades do mesmo, de conformidade co disposto na base cuarta das bases reguladoras da concesión das bolsas.

 

3ª.- A condición de bolseiro/a en virtude da convocatoria non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral, funcionarial ou contractual co Concello de Tui, nin implicará en consecuencia ningún compromiso para unha posterior vinculación ou incorporación posterior de dito bolseiro/a no Concello de Tui. Os titulares das bolsas serán única e exclusivamente beneficiarios dunha subvención para a obtención da debida formación profesional, sen que exista relación de servizos profesionais co Concello de  Tui. A concesión da devandita beca tampouco dará lugar á inclusión dos bolseiros/as no Réxime Xeral da Seguridade Social .O bolseiro/a terá a obriga de aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nestas bases. O bolseiro/a xustificará documentalmente o cumprimento de tódolos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

 

 Cada bolsa de colaboración terá unha duración máxima de 8 meses a contar dende a data de incorporación do bolseiro no horario que se determine, segundo as necesidades do servizo, sen prexuizo de xornadas especiais que puideran establecerse por acontecementos relacionados coa promoción turística do Concello de Tui, polo que se vería alterado o horario prefixado. O importe da referida bolsa de colaboración terá unha contía de 1050.-€ brutos mensuais. Cada bolseiro/a presentará ao Concello de Tui, antes da finalización da bolsa, unha memoria explicativa das labores realizadas na Oficina de Información Turística do Concello de Tui, na que se recolla unha referencia aos traballos realizados, unha valoración dos recursos turísticos ofertados, demandas dos turistas, deficiencias dos servizos e propostas de accións de mellora da oferta turística, quedando supeditado o abono da última mensualidade a presentación da mesma. Así mesmo os bolseiros estarán obrigados a facilitar canta información lles sexa requerida pola Administración en relación a actividade realizada.

Asemade e de conformidade co disposto na base decimo terceira da convocatoria de data 11 de febreiro de 2010, estableceránse criterios de uniformidade e dotarase a cada bolseiro/a do vestiario correspondente, coa finalidade de unificar a imaxe de todos os bolseiros das oficinas de información turística da provincia e cuxa utilización é de obrigado cumprimento.

Así mesmo os bolseiros/as deberán asistir aos cursos de formación cuxa asistencia considere obrigatoria o O.A.L Turismo Rías Baixas.

En caso de renuncia do bolseiro/a, ésta deberá ser comunicada por escrito e cunha antelación mínima de 15 días.

           4ª.- Os aspirantes terán que estar en posesión  dos seguintes requisitos:

1.- Ter  nacionalidade española , sen  perxuizo do disposto no art. 57 da Lei  7/2007, 12 abril

  do  Estatuto Básico do empregado Público.

2.- Poseer capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.-  Ser maior de  16 anos, e  non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio a calquera das  

  Adminsitracións públicas, organos constitucionais ou estatutarios das CCAA, nin atoparse

  inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no art.56.1

  da Lei 7/2007.

5.- Estar en posesión do Título de Diplomado en Turismo ou do de Técnico Superior de Información e Comercialización Turística.

6.-Ter abonado as tasas correspondentes por dereitos de exame, de conformidade coa ordenanza reguladora, durante o prazo de presentación de instancias.

A selección realizarase  tendo en conta a necesaria cumprimentación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e concorrencia,  promovendo a selección entre os candidatos que cumpran as condicións esixidas na presente convocatoria.

 

Os/as interesados/as poderán presenta-la seguinte documentación no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte á aparición do anuncio no medio de prensa que se determine, en horario de rexistro de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 13:00 horas os sábados, así como no xeito indicado no artigo 38 da Lei 30/1992; no caso de presentar a solicitude nun rexistro distinto do xeral do Concello, deberá adiantar via fax ao nº 986 60 41 48, a instancia de participación o mesmo día da súa presentación:     

 

            1.1.- Solicitude segundo modelo aprobado polo concello a proporcionar polo mesmo.

            1.2.-Fotocopia do D.N.I.

            1.3.-Título ou Certificación do Centro onde se realizaron os estudios, e certificación das

            cualificacións obtidas.

            1.4.-Certificación de títulos de idiomas de centros homologados.

            1.5.-Fotocopia dos diplomas obtidos pola realización dos cursos especializados en temas de

            turismo, en centros recoñecidos nacionais ou estranxeiros,

            1.6.-Certificación de prácticas de información turística realizadas en calquera organismo da               

            administración pública.

            1.7.-Copia do xustificante de abono da taxa por dereitos de exame.

 

            5ª.-  Toda a documentación referida anteriormente presentarase xunta coa instancia. O méritos deberán estar suficientemente acreditados e os documentos haberán de estar  debidamente compulsados. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes e pola copia dos contratos e mais vida laboral debidamente documentada ou certificación de órgano competente que indique claramente as datas e denominación da actividade realizada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Comité de Selección.

 

             6ª.-  Selección dos Bolseiros:

A selección realizaráse por un Comité de Selección, formado por cinco membros. A selección terá dúas fases:

 

1ª fase:  Valoración de méritos  segundo o seguinte baremo: (máximo 12 puntos, neste apartado). Esta fase suporá o corenta por cento da puntuación total do proceso de selección.

 

 A) Expediente académico: Neste apartado valorarase a nota media obtida para a obtención do título correspondente, ata un máximo de 5 puntos, conforme ao seguinte baremo:

a)      aprobado: 1 punto.

b)      ben: 2 puntos.

c)      Notable: 3 puntos.

d)      Sobresainte: 4 puntos.

e)      Matricula de honra: 5 puntos.

 B) Coñecemento de galego: (puntuación máxima 1 punto). Pola acreditación documental dos seguintes cursos superados ou convalidados:

      a)- certificado de celga 3 ou equivalente: 0,5 puntos.

      b)- certificado de celga 4 ou equivalente: 1 punto.   

So se terá en conta o de maior puntuación.        

 

 C) Coñecemento de outros Idiomas: (puntuación Máxima 2 puntos)

 

                        0,10 puntos por 1º ciclo da Escola Oficial de Idiomas.

                        0,30 puntos por First Certificate in English (FCE).

                        0,30 puntos por Diplôme d`Études en Langue Française (DELF).

                        0,50 puntos por Test of English as a Foreign Language (TOEFL).

                        0,50 puntos por Certifícate of Proficiency in English  (ECPE).

                        0,50 puntos por Diplôme  Approfondi de Langue Française (DALF).

                        0,50 puntos polo titulo Oficial da Escola de Idiomas.

 

                        O sistema de puntuación será similar para calquera outro idioma.

 

 D) Formación non regrada. Nesta apartado valoraranse os cursos desenvolvidos relacionados coa materia de turismo (Cursos especializados materia turismo). Máximo 2 puntos         

 

*.-0,20 puntos por cursos de máis de 5 horas e menos de 10 horas.

*.-0,30 puntos por cursos de máis de 10 horas a 49 horas.

                *.-0,40 puntos por cursos de máis de 50 horas a 99 horas.

                *.-0,50 puntos por cursos de máis de 100 horas a 150 horas.

                *.-0,60 puntos por cursos de máis de 150 horas.

           Non se valorarán as asistencias a xornadas,conferencias  ou cursiños en xeral dunha duración inferior a cinco horas.

          So valoraranse os cursos impartidos por organismos oficiais ou debidamente homologados. Non serán obxecto de valoración as certificacións expedidas por academias privadas se non se xustifica a homologación sinalada.

           

   E) Pola realización de traballos ou prácticas ou materia turismo. Máximo 2 puntos.

               

                                         0,50 puntos por cada mes de prácticas realizadas.

  

       2º fase).- Realización dunha  proba escrita que versara sobre coñecementos xerais  relacionados coas funcións a desenvolver no posto de información turística no  Concello de Tui e o seu entorno, así como coñecementos xerais sobre turismo de Galicia.

Esta proba puntuarase entre 0  e  6  puntos. Sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de tres puntos. Esta fase suporá un sesenta por cento da puntuación total do proceso de selección.

 

O  Comité de selección estará constituído da  maneira que prescribe o artigo 60.2 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado Público. E de conformidade co disposto nas Bases da Subvención, poderá ser nomeado un Técnico de Turismo, do  O.A.L Turismo Rías Baixas, que cumpra coa condicións que para a constitución dos tribunais de selección establece a normativa vixente.

 

Rematado o prazo de presentación de instancias no Taboleiro de Edictos, farase pública a composición así como lugar e data  de constitución do Comité de Selección e igualmente a data, e lugar no que se celebrara a proba relacionada coa presente selección. así como a composición do tribunal.

 

Rematado o proceso de selección, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello a relación co o resultado da selección. Propoñendo aos aspirantes adxudicatarios das bolsas a favor das persoas que, unha vez aplicado o baremo de meritos e realizada a proba obteñan a maior puntuación. O Alcalde, a vista da proposta formulada polo Comité de Selección, resolverá a axudicación das bolsas.

 

No caso de que se produzca a renuncia por parte dalgunha persoa que resulte adxudicataria das bolsas, o Alcalde procederá ao nomeamento do seguinte aspirante que obtivese maior puntuación, polo tempo que reste ata a finalización do periodo de duración da bolsa, reducíndose proporcionalmente a contía da bolsa, e procedéndose do mesmo xeito en renuncias consecutivas.

 

  

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vintecatro de marzo de dous mil dez.

 

Visto e Prace

O ALCALDE

 

Nota: O prazo está aberto ata o vindeiro lúns 29 de marzo de 2010