Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocado o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto interino do Concello de Tui

31/08/2009
O Concello de Tui convoca un proceso de selección, por concurso-oposición, para a cobertura da praza de arquitecto superior con caracter interino. O prazo de presentación de instancias é do 31 de agosto ata o 7 de setembro, ambos incluidos.
As bases reguladoras deste proceso selectivo son as seguintes:

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictóuse a seguinte Resolución:

 

 "RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.- En uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuídas pola normativa vixente, RESOLVO:

 

Aprobar as seguintes BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO INTERINO DO CONCELLO DE TUI. 

 

O Concello de Tui anuncia a convocatoria dun proceso de selección de urxente cobertura para a provisión interina, do posto que a continuación se detalla, dadas as actuais necesidades do servizo, e xustificada no exceso e acumulación de tarefas no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, de conformidade co disposto no artigo 10.1.d) do Estatuto Básico do Empregado Público, cesando, o aspirante seleccionado, cando finalicen as causas que xustifican a presente convocatoria e en todo caso no prazo máximo de 6 meses dentro dun periodo de doce meses.

 

1. CARACTERÍSTICAS DO POSTO

 

Grupo: A

Escala: Administración Especial, Subescala: Técnica.

Nivel: 28

Denominación: Arquitecto.

 

2. REQUISITOS PARA O DESEMPEÑO DO POSTO

 

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Estar en posesión do Título de ARQUITECTO.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, e ata o día seguinte ao prazo de  o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

3. PROCESO DE SELECCIÓN :

O proceso de selección será o de concurso-oposición.

 

FASE DE CONCURSO:(puntuación máxima 4 puntos)

A fase previa de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nela non poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición. A esta fase corresponderalle como máximo o 40% da puntuación total máxima posible do concurso-oposción, correspondéndolle o 60% restante á fase de oposición.

 

Nesta fase avaliaranse os méritos dos aspirantes, de acordo co baremo establecido a continuación. Serán obxecto de valoración a carreira profesional e formativa dos aspirantes, e de maneira preferente os seguintes méritos específicos :

 

A) EXPERIENCIA PROFESIONAL.-. A experiencia laboral puntuarase dacordo co seguinte baremo:

 

-          Polo tempo se servizos prestados como funcionario ou persoal laboral en postos de cometido igual ou similar ó convocado, de grupo A1: 0,1 punto por mes ata un máximo de 1,00 punto. 

 

Xustificación: Mediante certificación emitida pola administración correspondente onde se exprese o período de contratación, se é a tempo completo ou parcial e categoría profesional, mediante copia autenticada dos documentos acreditativos dos servizos prestados (contratos de traballo) que deberán sinalar todos e cada un dos datos indicados anteriormente.

 

B) FORMACIÓN PROFESIONAL.- So se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre  unha Administración pública, un Centro oficial de formación ou unha institución homologada para impartir formación profesional continua, que se acreditarán mediante a presentación de copia cotexada e segundo o establecido no seguinte baremo, cunha puntuación máxima dun punto:

 

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,5 puntos

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas: 0,4 puntos

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 10 horas: 0,3 puntos.

 

Non se valorarán asistencias a xornadas, simposios, conferencias, ou cursiños e, en xeral, dunha duración inferior a 10 horas.

 

Xustificación: mediante fotocopia compulsada dos títulos ou diplomas extendidos ou certificacións expedidas polo Organismo ou centro correspondente coa expresión do curso ou xornada realizada e número de horas

 

C) SUPERACIÓN DOUTRAS PROBAS.- Puntuarase a acreditación de ter superado algún exercicio nas probas de acceso á Administración pública, para unha praza de arquitecto.

 

-          Por cada exercicio superado: 0,10 puntos. Cunha puntuación máxima de 0,50 puntos.

 

So se puntuarán as probas selectivas superadas cunha anterioridade non superior a 5 anos, referida a data de presentación da solicitude.

 

Xustificación: Mediante certificación expedida pola Administración correspondente onde se acrediten os extremos arriba sinalados.

 

8.2.- FASE DE OPOSICIÓN.

 

A) Proba teórica.- Consistirá en contestar por escrito unha serie de preguntas ou cuestionarios plantexados polo Tribunal antes do inicio do exercicio, relacionado coas materias incluídas no temario anexo. A puntuación máxima será de 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

     

B) Proba práctica.- Este exercicio consistirá no desenvolvemento dun suposto práctico, determinado polo Tribunal inmediatamente antes do inicio deste exercicio, en relación coas materias específicas ( Bloques 1, 2 e 3) contidas no temario anexo; os aspirantes poderán consultar textos legais e coleccións lexislativas. A puntuación máxima será de 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

 

Ambolos dous exercicios se realizarán en unidade de acto e os aspirantes deberán expoñer e xustificar os exercicios ante o tribunal en sesión pública.

 

        C)Proba de coñecemento do idioma galego.- Este exercicio consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

 

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos. Aos efectos de quedar exentos da realización desta proba os aspirantes achegarán xunto coa instancia, copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega aos cales se lles asignará nesta proba 3 puntos.

 

 

4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 7 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

 

Xunto á instancia achegárase:

 

-          Fotocopia do DNI.

-          Copia cotexada do título esixido nesta convocatoria ou do xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

-          Xustificantes dos méritos alegados segundo o disposto na base terceira.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

 

5. SELECCIÓN DOS CANDIDATOS

 

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto 3º destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

 

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

6.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.

O Tribunal queda autorizado para resolver las dúbidas que se presenten e adoptar los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

7.- RECURSOS.-

Os/as interesados/as poderán impugnala presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma nos casos e na forma establecidos na Leí de réxime xurídico das Administraciáns Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

 

 

 

Anexo I. TEMARIO

 

Materias xerais

 

Tema 1.  A constitución española de 1978. Principios xerais. Estrutura.

 

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O tribunal constitucional. A reforma constitucional.

 

Tema 3. A coroa. O poder lexislativo: composición, atribucións e funcionamento das cortes xerais.

 

Tema 4. O goberno e a administración do estado. Órganos centrais e administración periférica.

 

Tema 5. O estatuto de autonomía de Galicia. Organización e competencias. Atribucións dos órganos de goberno da comunidade.

 

Tema 6. O réxime local. Principios constitucionais e regulación xurídica. O principio de autonomía local: significado, contido e límites.

 

Tema 7. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación municipal.

 

Tema 8. A organización municipal. Órganos necesarios: o alcalde, tenentes de alcalde, o pleno e a xunta de goberno local. Composición e atribucións. Órganos complementarios. Composición e atribucións. Competencias municipais.

 

Tema 9. A administración e o dereito administrativo. Fontes do dereito administrativo. A lei:  elaboración e aprobación das leis. Clases de leis. Disposicións do Goberno con forza de lei.

 

Tema 10. O administrado. Dereitos dos administrados nas súas relacións coas administracións públicas. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local.

 

Tema 11. O acto administrativo. Concepto, elementos e clases. Requisitos: motivación e forma. Notificación e publicación. Eficacia dos actos administrativos.

 

Tema 12. O procedemento administrativo. Os interesados. Termos e prazos. Fases do procedemento administrativo común: iniciación, ordenación, instrución.

 

Tema 13. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. A resolución expresa. Réxime do silencio administrativo. Desistimento, renuncia e caducidade. Executoriedade e execución forzosa.

 

Tema 14. A nulidade e anulabililidade dos actos administrativos. Revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos.

 

Tema 15. Procedemento administrativo local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións, as ordenanzas, os regulamentos e os bandos.

 

Tema 16. A intervención das entidades locais na actividade privada. Procedemento de concesión de licenzas. A responsabilidade da administración pública.

 

Tema 17. Persoal ao servizo das corporacións locais. Clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de funcionarios locais. O acceso á función pública: principios e sistemas. As situacións administrativas dos funcionarios locais.

 

Tema 18. Os dereitos e os deberes dos funcionarios. O persoal laboral ao servizo da administración local.

 

Tema 19. As facendas locais. Os recursos dos municipios. Especial referencia ás taxas e aos prezos públicos.

 

Tema 20.- Os bens das entidades locais. Clases. Réxime xurídico.

 

 

Materias específicas

 

Bloque 1

 

Tema 1. Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. A distribución de competencias en materia de urbanismo a partir da constitución española de 1978. Lexislación estatal e autonómica. A sentenza do tribunal constitucional 61/1997.

 

Tema 2. A Lei 8/2007, do 28 de maio, do solo. Aspectos xerais e novidades

 

Tema 3. O estatuto legal do solo. A relación existente entre a lei 8/2007, do 28 de maio, do solo e a lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de galicia (modificada pola lei 15/2004, do 29 de decembro), no aspecto do réxime xurídico do solo.

 

Tema 4. A Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia. Instrumentos de ordenación territorial. Decreto 80/2000, de 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectorais de inicidencia supramunicipal. A Lei 6/2007 de medidas urxentes en materia do ordenación do territorio e do litoral galego.

 

Tema 5 A expropiación forzosa e a responsabilidade patrimonial no ámbito urbanístico. Os supostos indemnizatorios.

 

Tema 6 A lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de galicia e a súa modificación pola lei 15/2004: exposición de motivos e obxectivos.

 

Tema 7.Instrumentos da ordenación do territorio. O planeamento de carácter supramunicipal.

 

Tema 8. A lei 9/2002: o solo urbano. Criterios de clasificación. Categorías. Réxime xurídico. Ordenación urbanística do solo. Réxime transitorio.

 

Tema 9. A lei 9/2002: o solo urbanizable. Criterios de clasificación.Categorías. Réxime xurídico. Ordenación urbanística do solo. Réxime transitorio.

 

Tema 10.A lei 9/2002: o solo de núcleo rural. Concepto de núcleo. Réxime xurídico. Condicións das edificacións. Réxime transitorio.

 

Tema 11. A lei 9/2002: o solo rústico. Categorías. Réxime xurídico. Condicións de uso. Réxime transitorio

 

Tema 12. A lei 9/2002. Os instrumentos de planeamento xeral: as normas subsidiarias e os plans xerais

 

Tema 13. A lei 9/2002. O planeamento de desenvolvemento: instrumentos, obxecto, determinacións e documentación

 

Tema 14. A lei 9/2002. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación. Actos preparatorios. Iniciativa e colaboración no planeamento. Formulación. Procedemento. Prazos. Efectos

 

Tema 15. A lei 9/2002. Vixencia. Modificación e revisión dos planos.Normas de aplicación directa: adaptación ao ambiente, altura das edificacións e protección das vías de circulación.

 

Tema 16. Distribución de beneficios e cargas. As áreas de reparto. O aproveitamento tipo. Os instrumentos para a distribución de cargas e beneficios nas distintas clases de solo da lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

 

Tema 17. Execución dos plans de ordenación na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Finalidade, competencias e orzamentos da execución. Polígonos, procedemento para a súa delimitación. Actuacións illadas.

 

Tema 18. Sistemas de actuación na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Clases de sistemas. Elección do sistema. Procedemento para a súa determinación. Cumprimento das previsións.

 

Tema 19. Polígonos con exceso de aproveitamento real. Polígonos con aproveitamento real inferior ao susceptible de apropiación. Compensación de cargas. Distribución xusta de cargas e beneficios. Gastos de urbanización

 

Tema 20. Sistema de compensación na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de galicia. Determinacións xerais. Incorporación de propietarios á xunta de compensación. Xunta de compensación e transmisión de terreos. Responsabilidade dos seus membros. Procedemento abreviado. Substitución do sistema.

 

Tema 21. Sistema de cooperación na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Determinacións xerais. Gastos de urbanización. Colaboración dos propietarios.

 

Tema 22. Sistema de expropiación na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Determinacións xerais. Formas de xestión. Prezo xusto. Taxación conxunta. Obtención de terreos de sistemas xerais e dotacións públicas. A ocupación directa.

 

Tema 23. Sistema de concerto. Sistema de concesión de obra urbanizadora. Instrumentos de execución dos plans en solo de núcleo rural.

 

Tema 24. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Patrimonios públicos do solo. Dereito de superficie. Dereitos de tanteo e retracto.

 

Tema 25. Intervención na edificación e no uso do solo na lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de galicia. Actos suxeitos a licenza. Actos promovidos polas administracións públicas. Prazos de edificación. Modificación. Supostos de incumprimento. Caducidade das licenzas. Revisión de licenzas e ordes de execución.

 

Tema 26. Deber de conservación e ruína. A declaración de ruína.

 

Tema 27. Inspección técnica dos edificios. Procedemento. Rexistro de edificacións. Patoloxías da edificación máis frecuentes.

 

Tema 28. Derrubes, demolicións. Tipos, causas e medidas correctoras. O proxecto de derrube.

 

Tema 29. As parcelacións urbanísticas, indivisibilidade. Réxime das parcelacións.

 

Tema 30. Disciplina urbanística. Obras sen licenza en curso de execución. Obras terminadas sen licenza. Outros actos sen licenza. Suspensión de licenzas. Protección da legalidade en solo protexido, zonas vendes, espazos libres, dotacións, equipamentos e outras medidas complementarias.

 

Tema 31. Infraccións e sancións. Definición das infraccións urbanísticas. Tipificación. Prescrición. Persoas responsables. Regras para determinar a contía das sancións. Órganos competentes. Procedemento sancionador.

 

Tema 32. Os convenios urbanísticos. Concepto, alcance e natureza. Obxecto. Clases e procedemento.

 

Tema 33. O réxime transitorio da lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

 

Tema 34.- A reparcelación: normas xerais. Tipos. Contido. Procedemento. Efectos da normalización de predios. As transferencias de aproveitamento urbanístico.

 

Bloque 2

 

Tema 1. Xeografía de Tui. Situación, orografía, xeoloxía e hidroloxía. Vexetación. Climatoloxía. División do territorio en parroquias. Poboación. Coñecemento xeral.

 

Tema 2. Economía de Tui. Sectores económicos. Actividade comercial e industrial. Renda familiar e vivendas. Historia de Tui. Patrimonio cultural e histórico. Arquitectura relixiosa, popular e civil.

 

Tema 3.- Rede viaria, infraestructuras de trasnporte e infraestructuras de servizo do Concllo de Tui.

 

Tema 4. .- A normativa urbanística vixente no Concello de Tui. Especial referencia ó Decreto 27/2006 de suspensión do planeamento e aprobación de normativa provisional ata a entrada en vigor de novo planeamento.

 

Tema 5. Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. A lei 8/97, do 20 de agosto. Regulamento de eliminación de barreiras. Medidas mínimas sobre accesibilidade nos edificios.

 

Tema 6. Decreto 35/2000. Regulamento para o desenvolvemento e execución da lei de accesibilidade.

 

Tema 7. As normas do hábitat galego.

 

Tema 8. A lei de ordenación da edificación. Disposicións xerais. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Os axentes da edificación. Responsabilidades e garantías.

 

Tema 9. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/97. Estudo de seguridade e saúde e estudo básico de seguridade e saúde.

 

Tema 10. O Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Procedemento de tramitación. Actividades excluidas.

 

Tema 11. O réxime xurídico da autorización ambiental integrada na lei 16/2002, de prevención e control integrados da contaminación.

 

Tema 12. A lei 1/1995 do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

 

Tema 13. A protección do medio ambiente. Lexislación comunitaria, estatal e autonómica. A avaliación ou declaración de impacto ou efectos ambientais.

 

Tema 14. A lexislación galega en materia de protección contra a contaminación acústica.

 

Tema 15. Conceptos básicos da axenda 21 local.

 

Tema 16. A lexislación de estradas estatal e autonómica. Tipoloxía das estradas. Réxime xurídico, limitacións e servidumes.

 

Tema 17. A lexislación de augas estatal e autonómica. Extensión do dominio público hidráulico. Policía de augas. Autorizacións e concesións.

 

Tema 18. O patrimonio cultural. Lexislación estatal e galega. Criterios de intervención nos conxuntos histórico artísticos e nos edificios históricos.

 

Tema 19. Rehabilitación de edificios e vivendas. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. Rehabilitación de edificios e vivendas en conxuntos históricos. Rehabilitación , reconstrución e infravivenda.

 

Tema 20. Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas. Lei 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos do Sector público.

 

 Tema 21. Distintos tipos de contratos administrativos. Disposicións xerais de contratos de obras, de xestión de servizo público, de subministración, de servizos e de traballos específicos e concretos non habituais na administración.

 

Tema 22. O contrato de obras. O anteproxecto. Proxecto de obras. Contido. A clasificación das obras. A supervisión dos proxectos. Contrato de concesión de obra pública.

 

Tema 23. Procedementos de adxudicación. Prazos. Formas. Formalización do contrato. Execución do contrato de obras. Comprobación do replanteo.

 

Tema 24. Modificación dos contratos. Proxecto complementario. Extinción do contrato. Liquidación final do proxecto de obras. Execución de obras pola propia administración.

 

Bloque 3

 

Tema 1. Impacto ambiental da construción.

 

Tema 2. A sustantibilidade na arquitectura industrializada.

 

Tema 3. A arquitectura bioclimática nas actuacións urbanísticas.

 

Tema 4. Decreto 314/2006 de 17 de marzo polo que se aproba o código técnico da edificación (cte). Obxecto. Ámbito. Xeneralidades.

 

Tema 5. Código técnico da edificación. Seguridade en caso de incendio (db-si).

 

Tema 6. Código técnico da edificación. Seguridade de utilización (db-su).

 

Tema 7. Código técnico da edificación. Salubridade (hixiene e protección do medio ambiente) (db-hs).

 

Tema 8. Condicións acústicas nos edificios. Norma básica da edificación. Nbe ca-88. A lei 7/1997 de protección contra a contaminación acústica na comunidade galega.

 

Tema 9. Condicións térmicas nos edificios. Norma básica nbe-ct/79. Regulamento das instalacións térmicas.

 

Tema 10. Condicións de carácter xeral das instalacións propias dun edificio. Comunicacións, aparatos elevadores, condicións sanitarias, climatización.

 

Tema 11. Marco xurídico en prevención de riscos laborais. Conceptos: condicións de traballo.

 

Tema 12. Lei de prevención de riscos laborais. Ámbito de aplicación. Xeneralidades

 

 

 

E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vintesete de agosto de dous mil nove.