Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Servizos Sociais informa sobre as axudas por fillos menores convocadas pola Xunta de Galicia

18/02/2011

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR

FILLAS/OS MENORES DE 3 ANOS (Orde do 30 de decembro.

DOG 31 de 15 de febreiro de 2011.)

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/d

92fa86e062bfd6cc125783700553d2d/$FILE/03100D009P039.PDF

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Persoas que teñan fillas e fillos menores de 3 anos a data 1 de xaneiro

de 2011 (nacidos entre o 2-1-2008 e o 1-1-2011, inclusives) e que, por

razón dos ingresos obtidos durante o 2009, nin elas nin ningún membro

da unidade familiar estivesen obrigados a presentar declaración da

renda correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito

voluntario aínda sen estar obrigados a iso. No caso de descendentes

adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de

decembro de 2010, a prestación concederase durante os tres anos

posteriores á data de resolución xudicial ou administrativa que a declare.

2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o

beneficiario da prestación será o pai ou a nai que teña a custodia dos

menores, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza

de separación ou divorcio.

3. Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta

prestación sempre que cumpran as condicións establecidas.

REQUISITOS

1. Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.

2. Que na data de solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

 

 

 

 

 

 

 

 

TIPO DE AXUDA E CONTÍA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla/o menor de 3 anos,

a contía da prestación será de 360€ por cada un/ha das fillas/os.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

1. Novas solicitudes

a. Anexo I

b. Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento

do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.

c. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade

familiar.

d. Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do

convenio regulador, de ser o caso.

e. Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución

xudicial ou administrativa que a declare.

f. Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que se desexe recibir o

ingreso. Poderá presentarse un certificado de conta bancaria.

g. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou

concedidas por este concepto (anexo II).

2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias

a. Anexo I sempre que non se modificasen as circunstancias

persoais, xurídicas e económicas.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo rematará o 28 de marzo de 2011. Poderanse presentar por vía escrita

en calquera rexistro, ou telemática a través da aplicación informática

establecida no seguinte enderezo da internet

http://www.xunta.es/aplicacions/pfc