Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Casa da Xuventude de Tui, Invernizate con Nos

11/11/2010

                                                                                  CASA DA XUVENTUDE DE TUI

INVERNIZATE CON NOS

Que é Invernízate con nós?
É un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.

A quen vai dirixido?
Poden participar no programa de actividades aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.
As solicitudes cubertas entregaranse na oficina de información xuvenil do concello onde teñades a vosa residencia. En Tui  entregaranse na Casa da Xuventude.

Obxectivos do programa

  • Facilitar que as mozas e mozos poidades participar en actividades educativas no medio natural.
  • Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
  • Favorecer a convivencia a través de actividades deportivas no aire libre.
  • Potenciar o enriquecemento cultural e o coñecemento do contorno.

O programa inclúe

  • Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío (venres e sábado).
  • Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, comida e cea e domingo: almorzo e comida). A incorporación realizarase o venres pola noite antes das 21:00 horas; e a saída realizarase o domingo despois de comer.
  • Programa de actividades, monitoraxe e o material preciso para o seu desenvolvemento. (No suposto de mal tempo, levaranse a cabo actividades alternativas).
  • desprazamento ata o albergue xuvenil de Gandarío será por conta do participante

Prezo
75 €/praza. As persoas que teñan o carné xove (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.

Gran cantidade de actividades

  • Recoñecemento de estrelas
  • Orientación nocturna
  • BTT
  • Tiro con arco
  • Corda tirolesa
  • Iniciación ao rapell
  • Orientación
  • Xogos tradicionais
  • Dinámica de grupos
  • Rutas de sendeirismo
  • Obradoiro de recoñecemento fotográfico da paisaxe
  • Obradoiro de construcións

Datas
Fins de semana:
Novembro: 19-21 / 26-29
Decembro: 3-5 / 17-19
Xaneiro: 14-16 / 21-23
Febreiro: 4-6 / 11-13 / 18-20 / 25-27