Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo as actividades programadas para a celebración do “Día da Biblioteca”

20/10/2010

Esta actividade forma parte dos actos do Día da Biblioteca
MAÑÁ CONTACONTOS PARA ADULTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI
"O Garavanzo, O Sapo e o Zapato" por “A Loca-Motora”

Mércores, 20 de outubro de 2010. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo as actividades programadas para a celebración do “Día da Biblioteca”, que ten lugar en toda España este domingo 24 de outubro, así mañá xoves, 21 de outubro, ás 20,30 horas do serán terá lugar un contacontos para adultos a cargo da compañía “A Loca-Motora”

  

Trátase dun espectáculo de contos sobre o amor. “Decidimos realizalo para adultos, homes e mulleres que gusten de ler e de escoitar relatos”, sinalan as responsables da compañía a Loca-Motora. "O Garavanzo, O Sapo e o Zapato" é un contacontos intimista e literario para adultos, que a través das dúas actrices da compañía, aborda o tema da busca do amor, os encontros e desencontros de amores. Con referencias e guiños cómicos aos clásicos da literatura infantil, ao cine, á tradición, á música e á literatura. O espectador escoitará fermosos relatos de Angeles Mastretta, José Saramago, Isabel Allende...”

A celebración do “Dia da Biblioteca” é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta celebración para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades e para favorecer o coñecemento pola opinión pública do traballo que realizan estes centros culturais.

A programación da Biblioteca Municipal, tudense complétase o sábado 23 cun espectáculo para nenos e nenas, ata os oito anos de idade, que correrá a cargo da compañía “Títeres Cachirulo” con “Bó rato cos ratos”.

O Concelleiro de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, sinala o esforzo que ven realizando a Biblioteca Municipal, por achegarse aos diversos segmentos da idades da nosa poboación, para favorecer o acceso á cultura e os libros que ofrece á Biblioteca tamén do público adultos, superando os vellos estereotipos que vinculaban ás bibliotecas ao ámbito infantil e de estudantes. Actividades como este contacontos para adultos ofrecen a posibilidade de atopar na lectura unha alternativa e lecer e de enriquecemento persoal.