Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A biblioteca municipal de Tui retoma o seu club de lectura cunha tertulia literaria arredor da traducion ao galego de “Rendea do Alento” da nobel Herta muller por Marga do Val

4/10/2010

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI RETOMA O SEU CLUB DE LECTURA CUNHA TERTULIA LITERARIA ARREDOR DA TRADUCION AO GALEGO DE “RENDEA DO ALENTO” DA NOBEL HERTA MULLER POR MARGA DO VAL

A Biblioteca Publica Municipal de Tui retoma, ao comezar este novo curso, a actividade do seu Club de Lectura para adultos cunha tertulia literaria arredor da recente tradución ao galego da obra da Premio Nobel de literatura do ano 2009 Herta Muller, “Randea do alento” pola escritora Marga do Val.
Participaran na tertulia xunto coa tradutora, Marga do Val, María Xosé Queizán, escritora e directora da colección “As literatas” de Edicións Xerais de Galicia onde esta publicada esta obra e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en filoloxía xermanica pola Universidade de Santiago de Compostela.
Esta actividade esta aberta a participación de todas as personas interesadas e terá lugar o vindeiro martes 5 de outubro as 20,00 horas na Biblioteca Municipal de Tui. Compre reseñar que a traducion ao galego desta obra da escritora Herta Muller sae do prelo antes mesmo que a correspondente traducion ao español da mesa obra, amosando deste xeito a vitalidade da actividade literaria de Galicia. Dáse a circunstancia, amais, que onte 30 de setembro celebrouse o “Día Internacional da Traducion” e esta actividade contribúe tamén ao recoñecemento do importante labor que levan adiante os tradutores, moitas veces esquecidos e non recoñecidos na súa importante achega.
Con esta tertulia comeza a nova tempada do “Club de Lectura” desta Biblioteca que logo de tres anos de actividade conta coa participación dunha ducia de lectores que se reúnen quincenalmente para comentar a lectura conxunta dunha obra literaria.
Para a Biblioteca Publica Municipal tudense esta actividade enmarcase no seu programa de promoción da lectura entre os diversos segmentos sociais favorecendo o acceso ao libro e a lectura dos cidadán tudenses.
As personas interesadas en participar nas actividades do Club de Lectura poden dirixirse a propia Biblioteca Municipal de Tui para realizar a súa inscrición e recibir a información sobre a vindeira xuntanza.
O Concelleiro de cultura tudense, Moises Rodríguez Pérez, agradece a Marga do Val e as outras participantes neste tertulia a súa presencia na Biblioteca Municipal apoiando ao sei Club de Lectura, unha importante aposta da Concellería de Cultura do Concello de Tui pola promoción da lectura dando cumprimento ao mandato constitucional de favorecer o acceso a cultura, neste caso escrita, dos cidadáns que atopan no libro unha ferramenta imprescindible para o seu desenvolvemento personal e unha enriquecedora alternativa para o seu tempo de lecer.