Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bases particulares da convocatoria de bolsas de estudios do concello de Tui para cursar estudios na escola superior Gallaecia. Curso 2010-2011

17/09/2010

BOLSA DO CONCELLO DE TUI PARA CURSAR ESTUDIOS NA ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA

O Concello do Tui, en virtude do convenio asinado coa Escola Superior Gallaecia de Vila Nova da Cerveira (Portugal), convoca dúas bolsas de 2.250,00 euros dirixida aos alumnos e alumnas de Tui que cursen ou vaian iniciar estudios na Escola Superior Gallaecia. A concesión das axudas efectuarase en réxime de concorrencia competitiva, sendo de aplicación, ademais da normativa xeral en materia de subvencións, o Regulamento de Actividades de Fomento do Concello (BOP 173 do 7 de setembro de 2004) e as Bases Xerais Tipo reguladoras da concesión de subvencións polo Concello de Tui e os seus organismos autónomos (BOP 173 do 7 de setembro de 2004).

 

Bases particulares escola superior Gallaecia. Curso 2010-2011