Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bases contratación temporal Oficial Depuradora Municipal

28/05/2011

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

 

   CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data ditouse a seguinte RESOLUCIÓN:

 

 

“En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime local:

 

RESOLVO: Aprobalos  seguintes criterios para a contratación laboral temporal dunha persoa como OFICIAL DA DEPURADORA MUNICIPAL para a realización entre outras funcións da vixiancia, control, e mantemento das instalacións da depuradora municipal de augas do Concello de Tui.

 

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA:

O obxecto das presentes bases é proceder á selección dun Oficial da Depuradora Muncipal para a súa contratación laboral temporal polo Concello de Tui. A persoa contratada deberá presta-los seus servicios durante 37,5 horas semanais, en horario a determinar según as necesidades do servizo. As retribucións brutas totais serán 889,98 euros brutos mensuais incluindo salario e prorrateo de pagas extra, así como un complemento de disponibilidade horaria de 451,14 en atención a retribuir a prestación do servizo en réxime de flexibilidade horaria, debido a frecuente alteración do horario de traballo, como consecuencia da adaptación as especiais características e necesidades do servizo na Depuradora Municipal. O contrato de traballo sera temporal de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado e terá como data máxima de finalización o 31 de decembro de 2011.

 

2.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

Todolos requisitos esixidos neste punto deberán  reunilos os aspirantes o día en que remate o prazo de presentación de solicitudes, e conservalos ata a data de nomeamento.

 

3. PROCESO DE SELECCIÓN :

O proceso de selección será o de concurso-oposición:

 

A)Fase de concurso: (A puntuación máxima neste apartado será de 4 puntos).

 

          Experiencia profesional:

Experiencia profesional acreditada en calquera Administración Pública nun posto de traballo semellante co obxecto do contrato: 0,30 puntos por mes completo.

Acreditarase mediante certificado de servizos prestados expedido pola Administración Pública correspondente, ou copia cotexada do contrato de traballo acompañada de vida laboral que acredite fidedignamente o periodo de prestación de servizos asi como a categoría profesional na que se prestaron.             

Os méritos non xustificados suficientemente, documentalmente ou que non garden congruencia cos valorables segundo as presentas bases, non serán obxecto de valoración por parte do tribunal avaliador.  A fase de concurso suporá o corenta por cento da puntuación total do proceso de selección.

 

 

B)Fase de Oposición:(A puntuación máxima deste apartado será de 6 puntos).

Esta fase suporá o sesenta por cento da puntuación total do proceso de selección, e consistirá na     realización das seguintes probas:

 

A) Proba teórica.- En primeiro lugar o Tribunal procederá a realizar unha proba escrita, de carácter obrigatorio e eliminatorio. consistente e respostar a unha serie de cuestionarios ou preguntas plantexadas polo tribunal inmediatamente antes da realización da proba, relacionadas co contido do temario consignado no Anexo I desta convocatoria, puntuándose de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non superen os 5 puntos.

 

B) Proba de coñecemento do idioma galego.- Este segundo exercicio consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

 

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos. Aos efectos de quedar exentos da realización desta proba os aspirantes achegarán xunto coa instancia, copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 3 de coñecemento da lingua galega aos cales se lles asignará nesta proba 3 puntos.

 

4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitir a xustificación, coa data da súa presentación fora do rexistro xeral, por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

 

Xunto á instancia achegárase:

 

   *-Fotocopia cotexada do DNI.

*-Copia cotexada do título esixido nesta convocatoria ou do xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

*Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame. Será requisito necesario para participar no proceso de selección, aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, os dereitos de exame, aportando coa solicitude, copia do resgardo de ingreso. En ningún caso, a mera presentación ou pagamento dos dereitos de exame substituirá o trámite de presentación en tempo e forma da solicitude. A taxa por dereitos de exame, deberá aboarse necesariamente dentro do prazo de presentación de instancias, e a falta de pago en dito prazo determinará a exclusión definitiva do aspirante das probas selectivas.

*Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 3 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.         

*Achegaranse xunto coa instancia os méritos alegados polos aspirantes, segundo o baremo establecido. Os métitos  non achegados no prazo de presentación de instancias non se terán en conta polo tribunal a efectos da súa puntuación.

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( www.concellotui.org ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

 

 5. SELECCIÓN DOS CANDIDATOS:

 

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto 3º destas bases.

 

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

 

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha proba así o aconsellen, limitándose os mencionados asesores a prestar a súa colaboración na súa especialidad técnica.

 

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

 

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

 

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

 

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

 

6.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.

O Tribunal queda autorizado para resolver las dúbidas que se presenten e adoptalos acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

 

7.- RECURSOS.-

Os/as interesados/as poderán impugnala presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan da mesma nos casos e na forma establecidos na Leí de réxime xurídico das Administraciáns Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

ANEXO I

 

Tema 1.  Nocions sobre contaminación da auga e parámetros indicadores da mesma.

Tema 2. Almacenamento, manipulación, preparación e dosificación de reactivos.

Tema 3. Obxectivo, descripción e tipos de equipos e automatismos auxiliares ao proceso de desbaste, desarenado e desengrasado.

Tema 4. Nocions sobre instrumentación e sistemas de control en estacións depuradoras de augas residuais.

Tema 5. Tipos de bombas e as súas aplicacións.

Tema 6. Tipos de cables eléctricos e empalmes.

Tema 7. Equipos típicos en planta de tratamento de auga potable. Decantadores. Unidades de flotación, filtros, tamices, cintas transportadoras, rexas de desbaste, axitadores, turbinas de acción, desarenadores, sistemas de dosificación de aditivos.

Tema 8. Axuste de proteccions contra anomalías eléctricas.

Tema 9. Mecanización e soldadura de pezas e reparacións.

Tema 10. Grados e modos de protección de aparatos eléctricos. Instalación de tomas de terra. Interpretación de esquemas eléctricos.

Tema 11. Técnicas, equipos e alternativas para o espesamento, estabilización, dixestión e deshidratación dos fangos.

Tema 12. Interpretación de manuais de instalación, uso e mantemento de equipos para planta de tratamento de  augas.

Tema 13. Obxectivo, características, operacións, variables e equipos que interveñen na depuración biolóxica das augas residuais.

Tema 14. Plan de prevención de riscos laborais dunha estación depuradora de augas residuais.

Tema 15. Analizadores e instrumentación típica en plantas de tratamento de auga: mantemento e compoñentes.

 

E para que así conste, de orde e co visto e prace  do Sr. Alcalde, expido a presente, en Tui, a 26 de maio de 2011.

 

   Visto e Prace

   O ALCALDE                                                                                    

 

TABOLEIRO