Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Asociación de mozos galegos en Europa Xuga.eu inicia mañá en Tui o camiño de Santiago

10/02/2010

A ASOCIACIÓN DE XOVES GALLEGOS EN EUROPA INICIA MAÑÁ EN TUI O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Mércores, 10 de febreiro de 2010. A asociación "Xuventude Galega en Europa", Xuga.eu (www.xuga.eu),  comezará mañá xoves 11 de febreiro en Tui a súa peregrinaxe polo camiño portugués, que realizarán entre os días 11 e 15 de febreiro, ao remate do seu percorrido está previsto que amais de achegarse á Catedral compostelá os mozos participantes asistan a unha recepción oficial no Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia.

 

"Queremos demostrar que el espíritu del año Xacobeo fomenta la interculturalidad y la difusión de los valores gallegos en el mundo" defende o presidente de Xuga.eu, Matias Vazquez. "Y estos son valores que definen a la perfección la filosofia de nuestra asociación que pretende ser el nexo de unión de la juventud gallega en Europa", engade Jacombo Camba, vice-presidente de Xuga.eu.

 

Asociación de Xóvenes Galegos (XUGA.EU) que residen en toda Europa, foi creada no pasado ano 2009 en Laussane coa intención de promover unha rede social entre mozos galegos espallados en toda Europa. Un dos seus obxectivos durante a peregrinaxe é achegarse á xuventude galega estando, se é posible, en contacto con asociacións e institucións de xóves para informarlles sobre as nosas actividades e próximos eventos. Igualmente está previsto realizar  un documental con todo ese material obtido no decurso da súa peregrinación.

 

Servirá para a promoción e divulgación do noso próximo evento que terá lugar en Santiago no mes de maio. A temática será a "formación para os xoves e as posibilidades do primeiro emprego", contando as nosas experiencias persoais  en diferentes países de Europa e contando coa presenza de institucións que ofrecen estes servizos. A organización desta peregrinaxe ven logo do éxito acadado na xuntanza celebrada por Xuga.eu en Lisboa no pasado novembro, na que contaron coa participación de máis de 50 mozos nas sesións de traballo e arredor de 300 nos programas culturais desenvolvidos.

 

O Concelleiro de Cultura e Primeiro Tenente de Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, estará presente mañá ás 08,30 horas, no Albergue de Peregrinos, para saudar aos integrantes desta peregrinación e agradecerlles a elección de Tui coma punto de partida do seu camiño cara Compostela.