Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprobadas obras de urbanización e mellora na zona da Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro por máis de 300.000 euros

22/10/2009

A Deputación aproba a contratación da obra de mellora da zona da Magdalena e variante Igrexa na E.P 2502 Cerquido

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra resolveu onte favorablemente a aprobación do proxecto para a realización das obras de mellora na zona Magdalena e variante igrexa na estrada provincial 2502 Cerquido-Ribadelouro, en Tui. Aprobouse, así mesmo, nesta sesión o inicio do expediente para a contratación das referidas obras.

As obras teñen por obxecto a urbanización deste tramo da estrada, na parroquia de Ribadelouro, mediante a dotación de beirarrúas e servizos. Concretamente, as melloras proxectadas inclúen unha rede de pluviais con colectores de P.V.C, beirarrúas, rede de abastecemento de augas, alumeado público, redes de media e baixa tensión, rede de comunicacións así como sinalizacións e balizamento.

Ademais, co fin de darlle unhas directrices básicas á empresa adxudicataria das obras, contémplase no proxecto un Estudo de Seguridade e Saúde, en cumprimento das obrigas no campo de prevención de riscos profesionais.

O importe total da obra ascende a 405.451,30 euros. Esta será financiada polo Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra, en virtude dun convenio de colaboración asinado por ambas partes.

De acordo con este convenio o Concello achegará un total de 121.635,40 euros e a Deputación un total de 283.815,90 euros. Estas cantidades repartiranse en entregas anuais sucesivas dende 2009 ata o 2011, de maneira que o concello achegará os dous primeiros anos 40.545,14 euros e o último ano os 40.545,12 euros restantes, mentres que a Deputación achegará 123.398,24 euros en 2009, 86.378,74 euros en 2010 e 74.038,92 euros en 2011.

O prazo de execución da obra establécese en 14 meses e comezará a contar dende o día seguinte á firma da acta de comprobación do repranteo.

De: www.galiciasuroeste.info