Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aínda hai prazas para a cata de viños comentada no Telecentro de Tui de mañá xoves 11 de marzo

10/03/2010

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE UNHA CATA DE VIÑO GUIADA POR VIDEOCONFERENCIA MAÑA XOVES 11 DE MARZO

 

Aínda é posible inscribirse

 

Con motivo da celebración da Festa do Viño de Chantada, o Telecentro de Comunicación de Tui acollerá mañá xoves 11 de marzo unha cata guiada a través dunha videoconferencia. Este evento, que se desenvolverá en horario de 20:00 a 22:00 horas no TC chantadino, poderá ser seguido tamén do mesmo xeito dende o propio Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, e desde outros seis Telecentros de Comunicación situados nas catro provincias galegas.

En total, no evento poderán participar 229 persoas: 40 en cada un dos TC de Chantada, Catoira, Carballo e Tui; 28 no do Barco de Valdeorras; 16 no de Monforte de Lemos; 15 no de Oroso, e outras 10 desde o Centro Multimedia de Galicia. A solicitude de participación nesta xornada pode formalizarse  desde o portal web do CMG, simplemente premendo no enlace http://reservas.centromultimedia.net/public/reservas.php.

De todos os xeitos, é posible acuidir ao Telecentro tudense sen incrición ata completar o aforo de 40 participantes, número máximo posible de participantes nesta cata comentada.T

Todos os asistentes disporán do material necesario para desenvolver a xornada: escupideras, caldos, copas,... e dende o TC de Chatada a enóloga e investigadora do CSIC en Galicia, Mar Vilanova, abrirá a xornada, dando paso a unha ponencia sobre o analise sensorial dos vinos, así coma á cata guiada, na que os participantes presentes nos TC de Chantada, CMG, Tui, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Carballo, Oroso, e Catoira, poderán plantexar as súas dúbidas e experiencias, a través de multivideoconferencia.

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada desenvolveuse no ano 1983 e, segundo os datos da época, achegáronse ata ela preto de dez mil visitantes. Asentouse coma unha das feiras máis importantes da provincia, ata que a finais dos anos noventa, converteuse nunha das feiras do viño máis representativas do noroeste peninsular.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta cata no Telecentro tudense amosa as posibilidades das novas tecnoloxias da comunicación que posibilitan novidosos xeitos de achegarse a actividades ata agora cinguidas a ámbitos máis reducidos. Con esta nova actividades o Telecentro de Comunicación de Tui continua desenvolvendo o seu papel de favorecer o acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxias de comunicación e información.

O Telecentro de tui atópase ubicano no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, na rúa Colón nº 2 de Tui.