Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberta a inscrición para o curso "Streaming de audio e vídeo" no mes de Novembro

3/11/2011

A Aula da Rede CeMit de Tui acollerá un  novo curso nas últimas semanas de novembro, no marco do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT.

 

Título: CURSO DE STREAMING DE AUDIO E VIDEO.

1ª quenda: Semana do 21 ao 24 de novembro

2ª quenda: Semana do 28 de novembro ao 1 de decembro

É preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo.

Inscrición aberta ata o 07 de novembro, os interesados poden realizar a inscrición on-line a través da seguinte páxina web: http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php tamén poden solicitar máis información en: formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321.

O modelo formativo deste curso baséase no concepto de blended learning, é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Así, durante os cinco días de duración do curso, emitirase un capítulo do vídeo documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (tutorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.

Aquelas persoas que superen satisfactoriamente os contidos do curso, recibirán un diploma acreditativo expedido pola entidade organizadora.

Este curso ofértanse a toda a cidadanía e pódese realizar na Aula da Rede CeMIT  a través do sistema de videoconferencia . O único requisito para o desenvolvemento desta actividade, é que cada aula CeMIt debe contar cun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os cidadáns interesados nos cursos poderán asistir (de haber praza) á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.

Esta Aula (antes chamada Telecentro) está ubicada no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, no centro da nosa cidade.

Para a concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración desta nova acción formativa na Aula CeMit completa o programa levado adiantes nestes últimos meses con anteriores como o recentemente celebrado sobre “Creación de web para dispositivos móbiles” ou a “Xestión de CMS”, etc.