Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado as 12.00h preséntanse en Tui as festas de San Lucas de Mondoñedo

28/09/2018

Mañá sábado 29 de setembro, as 12.00h na casa do Concello de Tui, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentará as festas de San Lucas que se van celebrar do 17 ao 21 de outubro. Despois da presentación, as 12.30h na Praza de San Fernando tocará dúas pezas o grupo Santa Columba de Ribadelouro que tocará nas festas de Mondoñedo.