Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O proxecto de desentullo e a exención do IRPF está sendo aínda analizada polo goberno central

27/09/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse esta mañá coa Subdelegada de Goberno, Maica Larriba

Na mañá de hoxe o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse  coa subdelegada de Goberno na provincia, Maica Larriba. A subdelegada de goberno informou ao alcalde de Tui que o proxecto de desentullo estase a estudar polo Ministerio de Política Territorial, e que a Axencia Tributaria está  analizando tamén a posibilidade de poder facer exencións no IRPF.

Pese a que na reunión de hoxe non se concretaron prazos, o alcalde pide prudencia dando unha marxe para que o goberno central traballe no asunto.   A pesar diso, asegura Carlos Vázquez Padín que “é moi necesario que lle dean a máxima celeridade posible e que se pronuncien nun prazo de dous ou tres semanas”.  

O alcalde de Tui agradeceu á subdelegada de goberno que o recibise e a vontade política de axudar aos veciños afectados de Paramos, e lembra a importancia da concreción nestes dous asuntos.