Centro Municipal de Formación
Enderezo Alvelos 1, Guillarei. 36.720 Tui.
Teléfonos: 670 24 56 33
Correo: cfo@tui.gal
Instalacións
O Centro dispón de 6 aulas homologadas, biblioteca, 5 espazos destinados a talleres de carpintería, electricidade, fontanería, construción; e dúas zonas de almacenaxe. Conta con aseos adaptados e elevador.
Obxectivo
O seu obxectivo é levar a cabo o labor social relacionada coa formación do Concello de Tui. A súa actividade vai dirixida tanto á poboación en xeral coma para o persoal ao servizo das administracións públicas.
Unha das súas liñas de acción é a busca de recursos para ofertar formación en diferentes especialidades e a diferentes grupos de poboación, tanto persoas non ocupadas coma persoas traballadores en activo, persoal das administracións públicas, poboación en risco de exclusión social, persoas con capacidades diferentes, etc.. A esta liña, súmase o servizo de información, orientación e busca de emprego financiado con fondos propios do Concello.
Homologación
O Centro de Formación está homologado pola Xunta de Galicia para a prestación de formación nas seguintes especialidades:
- Madeira
- Montaxe de mobles e elementos de carpintería
- Instalación de mobles
- Instalación de elementos de carpintería
- Enerxías renovables
- Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
- Electricidade
- Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas
- Fundamentos básicos de electricidade
- Procedementos básicos de electricidade e electrónica
- Electricidade básica para proxectos de electrificación de edificios
- Elementos eléctricos nas máquinas
- Traballos en tensión en baixa tensión
- Mantemento de instalacións e máquinas eléctricas de baixa tensión
- Instalacións
- Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica
- Instalación e mantemento industrial
- Instalacións de calefacción, climatización e ACS
- Mantedor de climatización
- Instalación de climatización
- Replanteo de redes de saneamento
- Replanteo de redes de abastecemento
- Montaxe e operacións de redes de saneamento
- Montaxe e operacións de redes de abastecemento
- Mantemento de redes de saneamento
- Mantemento de redes de abastecemento
- Turismo
- Venda de produtos e servizos turísticos
- Implantación marca Q de calidade
- Ecoturismo
- Animación turística
- Promoción e venda de produtos turísticos
- Recepción e atención á clientela en establecementos de aloxamento
- Docencia
- Docencia da formación profesional para o emprego
- Atención sociosanitaria
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
- Intervención do emprego doméstico no cuidado de persoas maiores
- Reducións de suxeicións en persoas dependentes
- Comercio
- Comercio en internet. Optimización de recursos
- Estratexias de servizos: calidade e orientación á clientela
- Recepción e atención á clientela
- Idiomas
- Inglés A1
- Inglés B1
- Hostelería
- Alerxias e intolerancias alimentarias
- Manipulador de alimentos
- Análise sensorial de viños
- Cociña para persoas celíacas
- Creación de cartas e menús
- Xestión da restauración
- Limpeza
- Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
- Limpeza industrial
- Riscos laborais
- Básico de prevención de riscos laborais
- Administración
- Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
- Organización e xestión de almacéns
- Entrevista de selección de persoal
- Fundamentos do coaching e orientación
- Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo
- O proceso de emprender
- Informática
- Seguro de internet e habilidades en colaboración en liña
- A sinatura dixital
- Competencias dixitais básicas
- Alfabetización informática: informática e internet
- Competencias clave
- Comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática
- Comunicación en lingua castelá
- Competencia matemática
- Comunicación en lingua castelá e competencia matemática
- Comunicación en lingua galega