Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Peche ao tráfico da rúa Compostela e o Paseo da Corredoira debido ás festas de San Telmo

13/04/2017

Debido á celebración das festas de San Telmo haberá distintas restricións no tráfico no casco urbano. Así con motivo do concerto Mago de Oz na rúa Compostela, o tramo desta rúa entre os cruzamentos con Casal Aboy e Ourense estará pechado ao tráfico dende mañá venres ás 14h, e o tramo entre as rúas Ourense e Betanzos, así coma a rúa Ourense dende o cruzamento coas rúas Lugo e Maristas estará tamén pechado ao tráfico dende o sábado ás 14h.

Por outra parte pecharase o Paseo da Corredoira dende o sábado 15 ás 14h ata o luns 17 ás 2h.