Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal este xoves 26 de xaneiro

23/01/2017

A corporación municipal de Tui reúnese en pleno este xoves, 26 de xaneiro, ás 20h en sesión ordinaria coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, de  borrador de acta de sesión anterior extraordinaria nº14/2016, de 28/12/2016.

2º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de solicitude ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de autorización para reposición de catro prazas vacantes da Policía Local

3º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de concesión de bonificación do 50% do ICIO correspondente as distintas obras promovidas polos seguintes interesados: Enrique Pérez Martínez, en representación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis; dona Isabel del Barrio Gándara; dona María Luisa Vinader Marquina e Dirección Xeral da Policía.

4º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos de proposta do grupo municipal BNG do Concello de Tui sobre a transferencia da AP-9.

5º.- Proposta do concelleiro de Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comercio de utilización tanto do escudo como da bandeira do Concello de Tui de forma conxunta ou individualmente.

6º.- Control ós órganos de goberno:

6.1. Disposicións de interese.

6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

6.3. Mocións.

6.4. Rogos e preguntas.