Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui contratará seis auxiliares da Policía Local

18/01/2017

O Concello de Tui abre mañá xoves, 19 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes para acceder á convocatoria de selección de seis prazas de auxiliares da Policía Local durante un período de catro meses prorrogables dous meses máis, a tempo completo, ao longo deste ano 2017.

A incorporación destes seis auxiliares farase en dúas fases, na primeira de forma inmediata incorporaranse tres persoas,  e na segunda o 1 de xuño as outras tres.

Para participar nesta convocatoria débense ter cumpridos os 18 anos, ter nacionalidade española, e unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 para as mulleres, amais de contar co graduado en ESO ou equivalente.

As solicitudes presentaranse no modelo do Anexo 2 da convocatoria no Rexistro Xeral do Concello de Tui nun prazo de cinco días hábiles contados a partir de mañá 19 de xaneiro, xunto coa documentación requirida nas bases, e co pago das taxas establecidas.  Unha vez rematado o proceso de presentación de solicitude procederase á fase de oposición comprobando a estatura e probas de aptitude física dos aspirantes. Logo terán que realizan a proba de coñecementos conforme ao temario establecido  e a proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local.  As bases completas desta convocatoria pódense consultar na web municipal tui.gal ou no taboleiro de anuncios do concello.