Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro de Relaxación no cuarto Faladoiro de Educación

10/01/2017

Mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 18h celebrarase o cuarto Faladoiro de Educación organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.

Nesta ocasión a actividade celebrarase na Área Panorámica, con entrada pola porta 4 na fachada principal do edificio.  Consistirá nun obradoiro de relaxación a cargo de María Reboreda e Javier Cebada que ofrecerán aos asistentes, tanto pais coma fillos, estratexias de autocontrol a través da relaxación. Cómpre destacar que ter autocontrol favorece a atención, a autoestima e a consciencia emocional.