Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades Deportivas de Nadal esta fin de semana

15/12/2016

Andaina e patinaxe solidarios, kung fu, padel e natación enchen a Eurocidade de deportistas

Esta fin de semana ven chea de actividades deportivas en Tui  dentro da axenda de Nadal.

Por unha banda este sábado 17  ás 16 hora española celebrarase o 7º Trofeo de Natación de Nadal, organizado polo Clube de Actividades Acuáticas Baixo Miño. Será na piscina municipal de Valença e acollerá a máis de 80 participantes.

Ese mesmo día, a partir das 16.15 horas, no pavillón deportivo municipal vello, o Club Deportivo DiSom Tui organizará un Festival de Nadal de Kung Fu, onde participarán todos os deportistas do club.

Na xornada do domingo 18, o Club AndaTui Rego da Pedra organiza a Camiñada Solidaria de Nadal, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende as Portas do Sol, nas murallas de Valença, para percorrer unha distancia de 8 quilómetros de dificultade baixa. A inscrición é gratuita entregando un quilo de alimento non perecedoiro, podendo realizala a través da web, www.andatui.es

Tamén o domingo, pero ás 17.30h o Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui, organiza o Festival de Nadal de Patinaxe, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Haberá exhibicións dos grupos de competición e das escolas deportivas de patinaxe do club, así como outros participantes de Mos e, como todos os anos por estas datas, terán a visita de especial de Papá Noel e outras sorpresas. Este festival tamén será solidario coa Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, dado que os espectadores terán que entregar na entrada do pavillón, un quilo de alimento non perecedeiro.