Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 60 músicos participarán no concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui que se celebrará mañá xoves

14/12/2016

Máis de sesenta músicos participarán no tradicional concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Tui. A cita dará comezo mañá xoves, 15 de decembro, ás 20:00 horas no Teatro Municipal de Tui, coa apertura de portas ás 19:30 horas, cando os pais e nais do alumnado recollerán as notas do primeiro trimestre. As entradas, de balde, poderán ser recollida polo público en xeral até completar o aforamento.

A música comezará a soar da man dos alumnos da Banda de Música do Conservatorio que interpretarán “First Suite” de Alfreed Reed. A continuación será xa a quenda das actuacións individuais dos alumnos e alumnas coa pianista Ella Cordon, a violinista Alma Giráldez, os saxofonistas Verónica Morais e Nestor Lomba, a pianista Marta Álvarez Coedo, a violinista Julia Rodríguez, o clarinetista Jose Castro e o guitarrista Sergio Alonso. Acompañados ao piano por Beatriz Cristóbal.  Interpretarán pezas de compositores como Vivaldi, Czerny, Bach ou Giampier.

O alumno Diego Santamaría pechará o concerto ao piano coa “Ballade Nº1 op. 23” publicada en 1836 por Frédéric Chopin.

Precisamente neste concerto será presentado o novo piano adquirido polo Concello de Tui no seu compromiso por apoiar á música local. Cos seus máis de 400 quilos de peso, o CX7 de Yamaha trátase dun novo modelo da empresa nipona e do primeiro que chega a España, situando a Tui na vangarda musical. Un instrumento deseñado para lograr unha profunda resonancia, proporcionando unha resposta á interpretación sen precedentes con prolongados sostidos e unha ampla proxección sonora. Este piano foi adquirido grazas á achega do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015 da Deputación de Pontevedra que financiou este investimento. 

O evento estará  coordinado polo director do Conservatorio de Música de Tui, Rubén López e os mestres Jesús González, Gabriel Silvera. En total terá unha duración de hora e 15 minutos nos que o alumnado do Conservatorio dará conta dos coñecementos adquiridos no que vai de curso e encherán o Teatro Municipal de Tui das notas escritas polos grandes mestres da música internacional.