Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase o II Torneo Amistoso de Kaiak Polo “Virxe da Rocha” na lagoa de Caldelas de Tui

6/10/2016

Este domingo, 9 de outubro, disputarase o II Torneo Amistoso de Kaiak Polo “Virxe da Rocha”, organizado pola sección de Kaiak Polo feminina do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui.

Dende as 09.00 horas os seis equipos participantes de toda Galicia, disputarán os seus encontros na lagoa de Caldelas de Tui. Enfrontándose os clubs de Combarro (dous equipos), o xuvenil de As Pontes – Coruña (1 equipo), o Umia de Caldas de Reis (1 equipo) e o club local do Penedo (2 equipos).

A partir das 18.00 horas realizarase a entrega de trofeos aos gañadores desta segunda edición.