Resolución definitiva do primeiro exercicio da Policía Local e data do segundo exercicio
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO TRIBUNAL AVALIADOR DAS PROBAS SELECTIVAS PARA A COBERTURA DE TRES PRAZAS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA SERVIZOS ESPECIAIS, CLASE POLICIA LOCAL POLA QUENDA LIBRE.
CERTIFICA:
Que unha vez celebrada a primeira proba do proceso selectivo arriba indicado, consistente en contestar por escrito, durante un período máximo de dúas horas, a un examen tipo test de 100 preguntas con catro respostas alternativas, relacionadas co contido do temario anexo I da convocatoria.
Que unha vez rematado o prazo concedido aos aspirantes para a presentación de alegacións aos resultados provisionais do primeiro exercicio do devandito proceso de selección e unha vez avaliadas as mesmas polo tribunal calificador.
Que unha vez aprobada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron o primeiro exercicio, presentáronse reclamacións a mesma, relativas a erro material no cómputo das puntuacións obtidas polos aspirantes. E unha vez reunido o tribunal cualificador para a avaliación das mesmas, por unanimidade dos seus membros acórdase:
Primeiro: Aprobar o listado definitivo de aspirantes que superaron o primeiro exercicio:
APELIDOS E NOME | PRIMEIRO EXERCICIO | Acreditación Celga IV |
ALVAREZ ÁLVAREZ, CARLOS | 5,73 | Exento 2º exercicio |
BLANCO DURÁN, BENJAMÍN | 5,33 | Exento 2º exercicio |
DE LA PEÑA CORONA, LUIS ALEJANDRO | 5,06 | Exento 2º exercicio |
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, ALEXANDRE | 5,33 | Non exento |
GAGO LORENZO, JOSÉ ÁNGEL | 5,46 | Exento 2º exercicio |
NOUCHE LÓPEZ, ANDRÉS | 5,06 | Exento 2º exercicio |
RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, AGUSTÍN | 5,20 | Exento 2º exercicio |
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, ALMUDENA | 5,06 | Exento 2º exercicio |
VÁZQUEZ MÁRQUEZ, CÉSAR | 5,46 | Exento 2º exercicio |
Segundo: Convocar aos aspirantes para a realización do segundo exercicio do proceso de selección, coñecemento da lingua galega, agás os que acreditaron posuir, no prazo de presentación de instancias, o título CELGA IV ou equivalente debidamente homologado, a celebrar o vindeiro xoves 28 de abril de 2011 ás 12:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial, sita na Praza do Concello, nº 1 de Tui.
E para que así conste, expido a presente, en Tui, a 20 de abril de 2011.
A SECRETARIA DO TRIBUNAL