Cursos Programa "Actívate"
CURSOS PROGRAMA “ACTÍVATE”
DESTINATARIOS/AS:
Dirixidos a mozos/as de 16 e 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó programa. Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.
CURSOS QUE SE IMPLANTARÁN NO CONCELLO DE TUI:
- Coidado de persoas maiores no fogar
- Corte e confección.
DURACIÓN DOS CURSOS:
30 horas por cada curso
PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
As solicitudes faranse a través dun modelo oficial de inscrición, que se poderá recoller nos concellos (no Concello de Tui – Departamento de Servizos Sociais), na Deputación Provincial, na sede de Vigo ou descargar da páxina web, presentaranse no Rexistro do concello adherido onde o solicitante estea empadroado, Aqueles mozos/as que desexen participar en máis dun curso deberán cubrir un modelo de solicitude por cada un deles.
Se algunha persoa presentase a solicitude nun concello no que non estivese empadroado, tamén formaría parte da lista de agarda.
No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, atenderase sempre ó rexistro de entrada (data e número), e terán preferencia as persoas en situación de desemprego sobre as persoas en activo.
O número mínimo de persoas para levar a cabo un curso será de 15 alumnos /as e non excederá dos 30 alumnos /as.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA:
- Fotocopia do DNI do participante.
- Fotocopia da tarjeta de demanda de emprego, se é o caso.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN:
Ata o 12 de XULLO
COLABORACIÓN:
Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Acción Social.