Programa Balnearios Diúrnos
BALNEARIOS DIÚRNOS DA DEPUTACIÓN
O programa diúrno de Balnearios, ten por obxecto proporcionar ás persoas a partir de 50 anos, pensionistas, ou con necesidade de respiro familiar, que residan na nosa provincia unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de ocio, a uns prezos reducidos.
O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas ( de Luns a Venres),nos Balnearios e talasos da nosa provincia, establecéndose para o seu desenvolvemento dúas campañas.
- Campaña de Primavera -Verán
- Campaña de Outono-Inverno.
As quendas de mañá dependerán da disponibilidade dos Balnearios.
Poderán acceder ó programa, todas las persoas que residan na nosa provincia e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan, independentemente de que o Concello de procedencia se adhira ou non.
- Persoas a partir de 50 anos.
- Os Pensionistas.
- Aquelas persoas que mediante un informe da Traballadora Social do concello, se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
- No caso de persoas que procedan de asilos ou residencias, os voluntarios acompañantes deberán ser acreditados, mediante informe da traballadora social.
É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.
No caso de que o número de solicitudes exceda as prazas ofertadas, aplicarase un baremo de selección, que realizará a traballadora Social do concello considerando os seguintes criterios
- Ter disfrutado do Programa en anos anteriores.
Nesta variable, tense en consideración a circunstancia de non disfrutar do programa, co obxecto de favorecer o acceso ó mesmo do maior número de personas. Estableceranse as siguientes puntuacións: - Ter participado no programa o ano anterior: 0 Puntos.
- Non ter participado…10 puntos.
- Edad do Solicitante:
Nesta variable valorarase a idade do solicitante, en coherencia coas políticas de actuación das personas maiores.
A valoración desta variable será de dous puntos, por cada cinco anos que se superen os 50 anos de idade
- 50 anos. 5 Puntos.
- 55 anos. 7 Puntos.
- 60 anos. 9 Puntos.
- 65 anos. 11 Puntos
- 70 anos, 13 Puntos.
- A partir de 75 anos: 15 puntos.
No caso de solicitudes de parea, los expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas puntuacións.
Se unha vez valoradas todas as solicitudes existe empate, terase en conta a orde de rexistro de entrada e se persiste o empate efectuarase un sorteo.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Fotocopia do DNI
PRECIO POR PERSONA:
28 €
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
As instancias dos participantes, deberán presentarse nos Registros dos respectivos Concellos ou en Servicios Sociais.