Casa da Xuventude de Tui, Invernizate con Nos
CASA DA XUVENTUDE DE TUI
INVERNIZATE CON NOS
Que é  Invernízate con nós?
  É un  programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado  pola
    Dirección  Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de  Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.
A quen vai dirixido?
    Poden  participar no programa de actividades aquelas mozas e mozos que teñan entre 18  e 35 anos no momento da solicitude.
    As  solicitudes cubertas entregaranse na oficina de información xuvenil do concello  onde teñades a vosa residencia. En Tui   entregaranse na Casa da Xuventude.
Obxectivos do programa
- Facilitar que as mozas e mozos poidades participar en actividades educativas no medio natural.
 - Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
 - Favorecer a convivencia a través de actividades deportivas no aire libre.
 - Potenciar o enriquecemento cultural e o coñecemento do contorno.
 
O programa inclúe
- Aloxamento no albergue xuvenil de Gandarío (venres e sábado).
 - Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, comida e cea e domingo: almorzo e comida). A incorporación realizarase o venres pola noite antes das 21:00 horas; e a saída realizarase o domingo despois de comer.
 - Programa de actividades, monitoraxe e o material preciso para o seu desenvolvemento. (No suposto de mal tempo, levaranse a cabo actividades alternativas).
 - desprazamento ata o albergue xuvenil de Gandarío será por conta do participante
 
Prezo
    75  €/praza. As persoas que teñan o carné xove (que debe acreditarse e estar  vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Gran cantidade de actividades
- Recoñecemento de estrelas
 - Orientación nocturna
 - BTT
 - Tiro con arco
 - Corda tirolesa
 - Iniciación ao rapell
 - Orientación
 - Xogos tradicionais
 - Dinámica de grupos
 - Rutas de sendeirismo
 - Obradoiro de recoñecemento fotográfico da paisaxe
 - Obradoiro de construcións
 
Datas
    Fins de semana:
    Novembro: 19-21 / 26-29
    Decembro: 3-5 / 17-19
    Xaneiro: 14-16 / 21-23
    Febreiro: 4-6 / 11-13 / 18-20 /  25-27 
 



