Puntuacións do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de oboe e outras asignaturas
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, Secretaria do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de oboe e outras asignaturas para o Conservatorio Profesional/Escola Municipal de Música de Tui, convocada con data 23/09/2010.
CERTIFICA:
Que por unanimidade dos membros do tribunal do proceso selectivo de referencia outorgáronse as seguintes puntuacións ós aspirantes presentados:
ASPIRANTES |
Fase méritos |
Fase oposición |
Conversión puntuación fase oposición |
Total |
|
------------------------------------ |
-------------- |
Teórico |
Galego |
-------------- |
------ |
Fernández Álvarez, Jennifer |
1,30 |
6,00 |
3,00 |
4,15 |
5,45 |
A puntuación reflectida na fase de oposición é o resultado da conversión da nota obtida á porcentaxe que como máximo se pode obter nesta fase (sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección).
Á vista das puntuacións obtidas e de conformidade co estipulado nas bases da convocatoria proponse á Alcaldía para a súa contratación como Profesor de Oboe e outras asignaturas a:
*-Dna. Jennifer Fernández Álvarez, con DNI nº36.166.192-A .
No prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da publicación desta certificación no Taboleiro de Anuncios o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, para acceder ao posto de traballo perdendo os seus dereitos se así non o fixera.
E para que conste, expido a presente certificación en Tui, a sete de outubro de dous mil dez.
A SECRETARIA DO TRIBUNAL