Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
“A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa da realización dun Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración vai desenvolver un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional.
- DESCRICIÓN
Programa Formativo que capacita para o manexo dun ordenador, obtendo e procesando información e utilizando as funcións básicas do procesador de textos WORD XP.
- BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
- DURACION: A duración será de 25 horas lectivas, que desenvolveranse de luns a venres, 5 horas diarias.
- CONTIDOS:
-Introducción. O Sistema Operativo. O Software e o Hardware. (4 h.)
-Primeiros pasos co WORD. (3 h.)
-Crear e gardar documentos. (4h.)
-Escribir, editar e dar formatos. (6 h.)
-Traballar con táboas e inserir documentos (4 horas).
-Combinar correspondencia e formularios (4 horas).
- PRAZAS : 15 alumnos en cada curso (un total de 225 prazas).
- LOCALIDADES, PRAZO DE INSCRICION E DATAS DE IMPARTICION:
Na provincia de Pontevedra desenvolverase nas seguintes localidades:
LOCALIDADE | PRAZO INSCRICIÓN | DATAS CURSO |
PONTEVEDRA | 08/09 a 22/09 | 27/09 a 01/10 |
VIGO | 15/09 a 29/09 | 04/10 a 08/10 |
O PORRIÑO | 29/09 a 13/10 | 18/10 a 22/10 |
LALIN | 13/10 a 27/10 | 02/11 a 08 /11 |
- CUSTO: Totalmente Gratuíto.
- INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS
Na Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui, sita no propio Concello, teléfono 986603625 extensión 29, e con horario de atención ao público de 10:00 a 14:00, de luns a venres o ou na propia Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
Tel.: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12