Proceso selectivo para a contratación laboral temporal, de dous auxiliares Policía Local.
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal, DE DOUS AUXILIARES POLICIA LOCAL, convocado por Resolución da Alcaldía de data nove de xullo de dous mil dez, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Manuel Arca Caeiro (titular).
*D. Cándido Pérez Solleiro (suplente).
-Vocais: *D. Benito Morais Carballo (titular).
*D. Amalia González Solla (suplente).
*D. Avelino Martínez Pérez (titular).
*D. César Rodríguez García (suplente).
*D. Sergio Bugallo Garrido (titular).
*D. Esteban Álvarez González (suplente).
-Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez (titular).
*D. José Blanco Lago (suplente).
SEGUNDO.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro martes, día 27 de xullo de 2010 as 16:30 horas, nas Instalacións Deportivas de A Macoca (Pazos de Reis), para a realización das probas físicas, procedéndose unha vez finalizadas, á realización das probas teóricas na Casa Consistorial.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, vintetrés de xullo de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE