Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Lista de admitidos e data de exame do proceso de selección de encargado de informática

4/06/2010

DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

 CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

 

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun ENCARGADO DE MANTEMENTO DE REDES E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS do Concello de Tui mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 21 de maio de 2010, e publicada no Faro de Vigo  de data 23 de maio de 2010, e non existindo aspirantes excluidos, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos no proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:

 

ADMITIDOS:

 

-González Alonso, Avelino.

-González Pérez, Martín.

-López Pérez, José Benito.

-Prol Sanjurjo, Constantino

 

EXCLUIDOS: 

 

 

         -Ningún.                                       

 

SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

              

               -Presidente: *D. Santiago Pérez Agra.

                               

               -Vocais: *D. Rafael Sánchez Bargiela.

                               *Dna. Eulogía Paramos Estévez.

                               *D. José Ángel Fernández Rodríguez.

 

               -Secretaria: *Dna. Irene Suárez López.

                                   

 

TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro mércores, día 09 de xuño de 2010 ás 10:00 horas, para a realización do proceso de selección, nas dependencias da Casa Consitorial, sita en Praza do Concello, nº 1. De conformidade co disposto nas bases da convocatoria de data vinteún de maio, todolos exercicios serán realizados na mesma sesión.

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a catro de xuño de dous mil dez.

 

      Visto e Prace

       O ALCALDE